Gamzat Tsadasa
Gamzat Tsadasa | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1877 |
Lugar de nacemento | Tsada |
Falecemento | 11 de xuño de 1951 |
Lugar de falecemento | Mahackala |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Ocupación | tradutor, poeta, cadí, dramaturgo, escritor, político e escritor de literatura infantil |
Premios | Premio Stalin, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Medalha "Pela Defesa do Cáucaso" e Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945" |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gamzat Tsadasa, nado en Tsada o 21 de agosto de 1877 e finado en Makhachkala o 11 de xuño de 1951, foi un poeta ávaro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gamzat Tsadasa naceu nunha familia de labregos pobres e quedou orfo aos sete anos. Estudou nunha madrasa e de volta á súa aldea foi xuíz e imán e anos máis tarde deixou estas tarefas para traballar no ferrocarril e despois no campo, foi en 1891 cando comezou a compoñer poemas satíricos. Entre 1917 e 1919 foi membro do Tribunal da xaria do seu distrito e o . Despois da revolución de outubro serviu no comité executivo do distrito de Khunzakhsky (1925-1932) e colaborou na prensa ávara, publicando alí poesía cívica que recolleu no libro Gadatazul žul en 1934. Durante a Segunda Guerra Mundial compuxo poesías e cancións patrióticas. A súa obra "Historia dun peguleiro" (1949-1950) describe dunha forma realista a vida dos pobos de montaña durante e os cambios que supuxo a época soviética. Tsadasa foi tamén o primeiro autor de literatura infantil ávara e escribiu comedias e dramas para o teatro. O seu fillo, Rasul Gamzatov foi un dos máis célebres poetas ávaros.
![]() |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |