Sergei Georgievich Zakharov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sergei Zakharov»)
Sergei Georgievich Zakharov
Nacemento1 de maio de 1950
Lugar de nacementoMykolaiv
Falecemento14 de febreiro de 2019
Lugar de falecementoMoscova
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Ocupaciónactor, cantante, compositor de cancións e cantautor
PremiosArtista do Povo da Rússia, Orden da Amistade e Artista de Honor da RSFSR
Na rede
http://szakharov.ru/
IMDB: nm0952277 Musicbrainz: e0197f3a-7dd9-4a8a-bb19-ad8063e29ec2 Discogs: 5568356 Find a Grave: 196878680 Deezer: 1348253 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sergei Zakharov, nado en Mikolaiv o 1 de maio de 1950, é un cantante ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zakharov naceu en Ucraína nunha familia de militares. En 1971 entrou no departamento de opereta da Academia Rusa de Música Gnessin en Moscova na clase de Margarita Josephovna Landa, e aínda sendo estudante entrou como solista na Orquestra de Variedades do Estado dirixida por Leonid Utiosov. En 1974 gañou a competición internacional Orfeo de Ouro de Bulgaria e en 1976 actuou no filme musical Nebesnye lastochki, traballou posteriormente no Music Hall de Leningrado e desde 1985 de forma independente, primeiro co seu propio conxunto e desde 1991 co pianista Alexander Kogan. Gravou álbums con cancións pop, baladas e temas operísticos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]