Rashid Behbudov
Rashid Behbudov | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de decembro de 1915, 1 de decembro de 1915 e 1915 |
Lugar | Tbilisi |
Falecemento | 9 de xuño de 1989 e 1989 |
Lugar | Moscova |
Soterrado | Alley of Honor |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Pai | Majid Behbudov |
Fillos | Rashida Rashid |
Profesión | cantante, cantante de ópera, actor de cinema, actor e político |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rashid Behbudov, nado en Tiflis o 14 de decembro de 1915 e finado o 9 de xuño de 1989, foi un cantante a actor azerí da época soviética.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do cantante Majid Behbudov, entre 1938 e 1944, Rashid traballou na Philharmónica e na Ópera de Ereván. En 1945 por invitación de Tofig Guliyev, Rashid Behbudov mudouse a Bakú, e nese ano interpretou o papel principal no filme musical "Arşın mal alan" [1], versión cinematográfica da ópera de 1910 de Uzeyir Hajibeyov e que o fixo famoso en todo o Acerbaixán, converténdose nun cantante popular na Unión Soviética, especialmente coñecido polas súas melódicas e rítmicas cancións de amor[2] realizando tamén galas en Irán, acompañado polo pianista Chingiz Sadikhov e o intérprete de tar Ahsan Dadashov, en Turquía realizou o seu primeiro concerto en 1961 acompañado polo violinista Azad Aliyev. Realizou tamén xiras por Suramérica e a India. Foi solista da Philarmonía de Acerbaixán (1946-1956), realizou papeis protagonistas en varias óperas na Ópera de Acerbaixán (1953-1960). En 1966 creou o Teatro da Canción de Acerbaixán.