Raimonds Pauls
Raimonds Pauls | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ojārs Raimonds Pauls |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1936 |
Lugar de nacemento | Riga |
Nacionalidade | Unión Soviética e Letonia |
Relixión | Dievturība |
Alma máter | Jāzeps Vītols Latvian Academy of Music |
Ocupación | político, director de orquestra, compositor, pianista e compositor de bandas sonoras |
Irmáns | Edite Pauls-Vignere |
Premios | Ordem de Honra, Artista do Povo da URSS, Ordem da Estrela Polar, Ordem das Três Estrelas, Cross of Recognition, Order of the Badge of Honour, Grand Music Award, Lenin Komsomol Prize, The Order of the Rising Sun, Gold Rays with Neck Ribbon e Grande Oficial da Orde das Tres Estrelas |
Na rede | |
http://www.raimondspauls.lv/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Raimonds Pauls, nado en Riga o 12 de xaneiro de 1936, é un político, intérprete de piano e compositor letón, ben coñecido na antiga Unión Soviética.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pauls estudou na Escola de música Emils Darzins. En 1958 gradouse na Academia de Música de Letonia co profesor de piano H. Braun, nesa época xa o tocaba en restaurantes, aprendendo cancións clásicas e contemporáneas de jazz, entre 1962 e 1965 estudou composición e de 1964 a 1971 dirixiu a Orquestra Filharmónica de Letonia, na que tamén tocaba o piano.
En 1972 creou un conxunto para a radio letoa, da que xurdiron varios grupos musicais, o máis coñecido foi o grupo "Modo".
Raimonds Pauls foi membro do Soviet Supremo da República Socialista Soviética de Letonia, e de 1988 a 1993 foi ministro de cultura letón. En 1993 converteuse en conselleiro do Presidente de Letonia, e desde 1998, deputado no Saeima, ao primeiro como xefe do Novo Partido, partido polo que se presentou como candidato ás eleccións presidenciais de 1999, e desde pouco antes das eleccións de 2002 ingresou no Partido Popular, resultando elixido por este partido nas eleccións de 2002 e 2006.
Pauls compuxo a música de seis filmes musicais e teatro musical, tres ballets e sobre 50 películas e actuacións teatrais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biography for Raimonds Pauls". IMDB. Consultado o 2010-04-02.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial (en inglés) (en letón)