Zhuravli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zhuravli (en ruso Журавли, en galego os grous), é unha canción composta en 1968, un dos temas rusos máis famosos sobre a segunda guerra mundial.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A orixe é un poema do poeta ávaro Rasul Gamzatov escrito na súa lingua nativa logo de visitar Hiroshima e coñecer a historia de Sadako Sasaki, unha rapaza xaponesa que contraeu leucemia en 1954 como consecuencia da explosión atómica do 6 de agosto de 1945 e que se propuxo realizar un milleiro de grúas de papel (origami) antes da súa morte, converténdose nun símbolo das vítimas inocentes da guerra. O poema traduciuno ao ruso Naum Grebnyov na revista Novy Mir en 1968 interesándose pola historia o cantante Mark Bernes, quen despois de lle revisar a letra pediu a Yan Frenkel que compuxera a música. Foi a derradeira gravación realizada por Bernes, que enfermo de cancro morreu unha semana despois.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]