1000 12/16

Mikhail Lérmontov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Mikhail Lérmontov
Mikhail lermontov.jpg
Mikhail Lermontov en 1837
Alcume—въ, Ламвер, Гр. Диарбекир e Lerma
Nacemento3 de outubro de 1814, 2 de outubro de 1814, 15 de outubro de 1814 e 1814
Lugar de nacementoMoscova e Imperio Ruso
Falecemento15 de xullo de 1841 e 27 de xullo de 1841
Lugar de falecementoPiatigorsk e Imperio Ruso
Causaferida por arma de fogo
SoterradoTarkhany e Piatigorsk
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo ruso
RelixiónCristianismo ortodoxo
Alma máterNikolaevskaya Cavalry school e Moscow university boarding school
Ocupaciónpoeta, tradutor, pintor, artista, novelista, dramaturgo, oficial, escritor e prosista
PaiYuri Petrovich Lermontov
NaiMary Arsenyev
Coñecido porUn heroe do noso tempo
Mikhail Lermontov Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Mikhaíl Iúrevich Lérmontov[1] (en ruso Михаил Юрьевич Леормонтов), nado en Moscova o 15 de outubro de 1814 e finado o 27 de xullo de 1841, foi un escritor ruso da época romántica, chamado ás veces "o poeta do Cáucaso". Foi o poeta ruso máis importante desde a morte de Alexander Pushkin, ata a súa propia morte, catro anos despois, con só 26 anos. Igual ca Pushkin, Lérmontov morreu nun duelo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A causa da morte prematura de súa mai e da carreira militar e os problemas económicos do pai, foi a avoa, que non tiña boas relacións co xenro, a que se ocupou da educación de Lérmontov. Gastou canto foi necesario para darlle a mellor educación posible, pero os seus conflitos permanentes co pai do futuro escritor contribuíron posiblemente a desenvolve-lo carácter agresivo e túzaro do neno. A atmosfera intelectual da época era semellante á que vivira Pushkin aínda que a influencia inglesa comezaba a desprazar a francesa, e Lord Byron era xa tan ou máis popular en Rusia cós escritores franceses.

En Moscova, despois de pasar polo gymnasium, Lérmontov entrou na universidade en 1830, na cal pasou só dous anos, xa que se viu obrigado a pedi-la renuncia despois duns incidentes entre algúns alumnos e un profesor. Entre 1830 e 1834 foi á escola de oficiais da garda en San Petersburgo e despois foi asignado ao rexemento de húsares de Tsárskoe Seló. Dirixiu ao tsar Nicolao I un poema, "Smert' poeta" (A morte do poeta), no cal expresaba a súa cólera pola morte en duelo de Alexander Pushkin (en 1837) e reclamaba a vinganza de Rusia sobre o asasino do poeta.

No Cáucaso[editar | editar a fonte]

O tsar indignouse polo poema e Lérmontov foi enviado ao Cáucaso como oficial de dragóns. Alí pasara xa unha tempada á idade de dez anos e encontrouse a gusto deseguida. O temperamento áspero e duro dos montañeiros que tiña que combater casaba moi ben co de Lérmontov, así como a paisaxe de rochas e montañas. Lérmontov foi exiliado ao seu mundo ideal. No Cáucaso coñeceu os decembristas exiliados e a intelectuais xeorxianos rebeldes.

Duelo[editar | editar a fonte]

Lérmontov visitou San Petersburgo en 1838 e 1839, e despois dun duelo con Ernest de Barante, fillo do embaixador francés, foi novamente enviado ao Cáucaso. En 1839 escribiu a novela Un heroe do noso tempo, que se di foi a causa do duelo con Nicolai Martinov en xullo de 1841 que lle custou a vida. O mesmo poeta escollera para a loita a beira dun precipicio para que o que fose ferido non tivese ocasión de salvarse.

Obra[editar | editar a fonte]

Lérmontov en 1841

En vida, Lérmontov publicou só unha pequena escolma de poemas en 1840. Tres volumes, fortemente mutilados pola censura, foron publicados en 1842 por Iliá Glazunóv e a edición completa das súas obras apareceu en 1860 e 1863. A tradución ao alemán dos seus poemas por Bodenstedt (Berlín, 1842, 2 volumes), deulle unha gran sona en Europa.

A súa novela Un heroe do noso tempo, protagonizada por Pechorin —prototipo de home superfluo— relata a traxedia de certa xuventude rusa da súa época, de ideas liberais e instruída, insatisfeita nunha sociedade inmutable e que tiña a súa vida por fútil. Esta obra creou as premisas do desenvolvemento da novela psicolóxica rusa.

Os seus poemas, ao inicio inspirados en Pushkin, tornaron axiña moi persoais tanto no estilo coma na temática.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na edición galega da novela Un heroe do noso tempo, traducida por Manoel Riveiro Loureiro, aparece transliterado como Mijaíl Iúrevich Liérmotof.