Saltar ao contido

Universidade de Oslo

 Universidade de Oslo
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Universitetet i Oslo (no)
University of Oslo (en)
Universitas Regia Fredericiana (la)
Det Kongelige Frederiks Universitet (nb)
Universitetet i Oslo (nb) Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Fundador/a
 Reitor/a
 Matriz
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
2 de setembro de 1811 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Cadro de persoal7029 (2021) Editar o valor en Wikidata
Estudantes26650 (2021) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF145844349 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000419368921 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07th_ Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI184942183 e P4310314087 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: uniOslo Twitter: UniOslo Instagram: unioslo BNE: XX162119 Dialnet: 2129137 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Campus central da universidade, onde só se atopa a facultade de Dereito. Estes edificios inspiráronse na obra do arquitecto prusiano Karl Friedrich Schinkel .

A Universidade de Oslo (en noruegués: Universitetet i Oslo; en latín: Universitas Osloensis) é a máis antiga das universidades de Noruega. Fundouse no ano 1811, cando o país se atopaba baixo dominio dinamarqués, sendo rei Federico VI.[1] Está situada na capital do país, Oslo. En 2019, contaba con preto de vinte e oito mil estudantes, e máis de seis mil empregados.[1] É a alma máter de cinco premios Nobel: Fridtjof Nansen, Ragnar Frisch, Odd Hassel, Ivar Giaever e Trygve Haavelmo.[1]

A Universidade de Oslo fai parte da Rede de Universidades das Capitais da Europa (UNICA), unha organización de 24 universidades con énfase nas políticas urbanas e de xestión universitaria.[2]

Organización

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Oslo está organizada en oito facultades: Teoloxía, Dereito, Medicina, Humanidades, Matemáticas e Ciencias Naturais, Odontoloxía, Ciencias Sociais e Ciencias da Educación.[1] Ofrece formación en vinte áreas de estudo.

Para alén diso, integra dezasete museos, catro hospitais, unha estación biolóxica en Drøbak, unha estación ecolóxica de alta montaña en Finse e a Estación Arqueolóxica de Isegran. Conta tamén con dúas institucións no estranxeiro: o Instituto Noruegués de Roma e o Centro Franco-Europeo de Humanidades e Ciencias Sociais de París.[1]

Posicionamento

[editar | editar a fonte]

No ano 2023, a Universidade de Oslo quedou no posto global 73.º do Ranking de Shanghai.[3] É a entidade norueguesa con maior puntuación nesta listaxe.[4] A situación é semellante no QS World University Ranking do 2024, no que acadou a posición 117.[5]

  1. 1 2 3 4 5 Tor Ivar Hansen. "Universitetet i Oslo" (en norueguês). Consultado o 15 de dezembro de 2021.
  2. "UNICA, Network of Universities from the Capitals of Europe". www.unica-network.eu. Consultado o 2023-12-07.
  3. "ShanghaiRanking-Univiersities". www.shanghairanking.com. Consultado o 2023-12-07.
  4. "ShanghaiRanking's Academic Ranking of World Universities". www.shanghairanking.com. Consultado o 2023-12-07.
  5. "QS World University Rankings 2024". Top Universities (en inglés). Consultado o 2023-12-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]