Econometria (do grego antigo ὀικο-νομος oiko-nomos, 'regra para a administración doméstica' e μετρια metría, 'relativo á medida') é un conxunto de ferramentas estatísticas que se empregan para entender a relación entre variableseconómicas por medio da aplicación dun modelo matemático.
A econometría como disciplina científica naceu aproximadamente no ano 1930. Nos primeiros anos, a maioría das aplicacións tiñan que ver con cuestións macroeconómicas para axudar a gobernos e grandes empresas na toma de decisións a longo prazo. Na actualidade, a econometría é unha ferramenta indispensable para modelar a realidade en case tódalas disciplinas económicas e dos negocios.[1]
↑HEIJ, Christiaan; DE BOER, Paul; FRANSES, Philip Hans; KLOEK, Teun; VAN DIJK, Herman K. Econometric Methods with Applications in Business and Economics. OXFORD, 2004.
↑WOOLDRIDGE. Introdución á Econometría. Apéndice E. Páxina 110