Lonicera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lonicera
Lonicera caprifolium
Lonicera caprifolium
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Dipsacales
Familia: Caprifoliaceae
Xénero: Lonicera
L. 1753
Especies

Ver texto.

Lonicera é un xénero de plantas con flores pertencente á familia Caprifoliaceae. As especies incluídas dentro deste xénero normalmente son coñecidas polo nome popular de madreselvas ou chuchamel (ademais dos múltiples nomes vulgares en galego das diferentes especies).

Son arbustos arqueados ou parras sarmentosas, a maioría con doces fragrancias, flores con forma de campá. Hai unhas 180 especies de madreselvas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Sábese que o termo madreselva se usou durante moito tempo para designar as especies integrantes do xénero Lonicera, aínda que este apelativo deberíase aplicar só para designar a especie Lonicera caprifolium L., planta sarmentosa que se encontra nos bosques europeos, e chamar todas as demais simplemente como loniceras.

O termo "Lonicera" foi usado por primeira vez por Linné en 1753 adaptando ao latín o apelido "Lonitzer", en honra ao botánico Adam Lonitzer (1528-1586), médico que exerceu en Frankfurt.[1]

Outros nomes vulgares[editar | editar a fonte]

En galego existen multitude de nomes para as diferentes especies de Lonicera, ás veces uns mestúranse con outros. Entre eles: madreselva (var. madresilva), cabrifollo (var. cadrifollo), herba salgueira, bigorda, chuchamel (zugameles, sugamés, zugos), altasebes, garnicela, etc.

Descrición[editar | editar a fonte]

As follas son opostas, ovais simples, e de 1–10 cm de lonxitude. A maioría son caducifolias e algunhas son perennifolias. Moitas das especies presentan flores que presentan un olor perfumado, producindo un doce néctar comestible. A froita é unha baga de coloración roxa, azul ou negra contendo varias sementes; na maioría das especies as bagas son levemente tóxicas, porén algunhas (como a Lonicera caerulea) teñen bagas comestibles. Estas plantas son a base de alimentación das larvas dalgunhas especies de Lepidoptera.

A madreselva xaponesa e a madreselva de Amur (Lonicera maackii) están consideradas como plantas invasoras en EUA e Nova Zelandia. As madreselvas poden ser controladas: cortándoas, queimándoas, ou queimando as raíces e repetindo a operación ás dúas semanas até que as reservas das raíces se esgoten.

Usos[editar | editar a fonte]

A Lonicera xylosteum é unha planta usada en homeopatía para tratamento de asmas, dificultades respiratorias e sífilis. A Lonicera periclymenum é usada como remedio homeopático para o tratamento da irritabilidade con explosións violentas.

A Lonicera caprifolium é moi apreciada como planta ornamental, debido ás súas bonitas e aromáticas flores.

Especies[editar | editar a fonte]

Especies máis comúns en Galiza[editar | editar a fonte]

Listaxe xeral de especies[editar | editar a fonte]

Flora americana
Flora asiática
Flora europea

Híbridos naturais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harry Garms: Pflanzen und Tiere Europas, Taschenbuchausgabe, München (dtv) 1969, ISBN 3-423-03013-5
  • Rubina Akhter: Lonicera in der Flora of Pakistan: En linea.
  • Sunset Western Garden Book, 1995:606–607
  • Werner Rothmaler: Exkursionsflora für die Gebiete der DDR und der BRD, Gefäßpflanzen. 1. Aufl., Volk und Wissen Volkseigener Verlag Berlin 1972

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lonicera
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lonicera