Moreira, Ponteareas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moreira
Igrexa San Martiño.JPG
Igrexa de San Martiño de Moreira
Concello Ponteareas
Poboación 723 hab. (2014)
Entidades de poboación 18

San Martiño de Moreira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 675 habitantes (345 mulleres e 330 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 654 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 723 habitantes, sendo 361 homes e 362 mulleres.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia limita con Salvaterra de Miño e está a dous quilómetros de Ponteareas e a catorce quilómetros de Portugal, ten un enlace coa autovía A-52 Ourense-Vigo.

Está bañada polo río Tea e conta cunha zona recreativa.

Ten algunhas industrias: cristalería, fábrica de mobles rústicos e outra de mobles de cociña, taller mecánico, serradoiro de pedra e fábrica de madeira.

Festas[editar | editar a fonte]

Celébranse dúas festas importantes no ano: a finais de agosto a Virxe da Consolación e a mediados de novembro a do patrón, San Martiño.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Cruceiro de Moreira: situado no torreiro, próximo á Igrexa, no barrio de Vilanova, Ten catro escalinatas de pedra e unha base cadrada coa inscrición: " EN 1875 AL RDO ABAD D.M. M Rº". O fuste é cilíndrico e vai rematado nun colar con decoración de sogueado que dá paso ao chapitel de estilo clásico con adobíos de follas de acanto e volutas nas esquinas, caras de anxos no centro e rematado en ábaco curvilíneo. A cruz é latina, de sección cilíndrica e con nós imitando as pólas dunha árbore e con cartela de INRI. No anverso aparece un cristo cunha anatomía moi marcada. No reverso a virxe co fillo no colo.
  • Ponte das Partidas, ponte medieval sobre o río Tea.
  • Igrexa de San Martiño.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Moreira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Moreira no concello de Ponteareas (Pontevedra)

A Amarela | O Calvario | A Cañota | Chan de Espiño | As Covas | A Feira | Macadín | Os Muíños | A Peroxa | O Pontillón | Rañe de Abaixo | Rañe de Arriba | Requeixo | A Ribeira do Río | Sixas | O Soutiño | Urcela | Vilanova

Parroquias de Ponteareas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]