Saltar ao contido

Río Uma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Uma
Río Uma ao seu paso por Lira.
PaísGalicia Galicia
Lonxitude42,15 km
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRío Tea

O río Uma é un afluente do río Tea pola súa dereita, á súa vez afluente do río Miño, duns 40 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra nos concellos de Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Uma < *u̯h1-m-a, viría da raíz hidronímica prelatina galaica indoeuropea *u̯h1-m (auga)̯̯ cfr. lat. ūmeō <*u̯h1-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Umia, Río Mao, Acea de Ama etc).[1]

Nace na parroquia de Uma, de onde colle o nome, que viría da raíz hidronímica prelatina indoeuropea Um- (auga), de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Umia, Río Mao, Acea de Ama etc)[2]. Enmárcase na conca do Miño. A altitde media é de 59 m sobre o nivel do mar. Conta con varios muíños e pozas (ex. Poza de Cecia en Lira e o muíño da Serra en Celeiros). Ten un couto de pesca de 5,70 Km. O límite superior fíxase no lugar de Ponte Alta, na aldea de Lira (Salvaterra de Miño), e a estrema inferior na presa de Manguiña, entre A Valboa e As Covas (Ponteareas).

Latitude: 42.15 Lonxitude: -8.5

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Navaza, Gonzalo (2004). Universidade da Coruña, eds. "Os topónimos Acea de Ama e O Xurés". Revista Galega de Filoloxía 5: 141–162. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873. 
  2. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]