Proopiomelanocortina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Derivados da proopiomelanocortina
Proopiomelanocortina
     
γ-MSH ACTH β-lipotropina
         
  α-MSH CLIP γ-lipotropina β-endorfina
       
    β-MSH  

A proopiomelanocortina (POMC) é un polipéptido precursor de 241 aminoácidos a partir do que se orixinan diversas hormonas. Á súa vez o POMC deriva doutro polipéptido precursor máis grande de 285 aminoácidos chamado pre-proopiomelanocortina (pre-POMC), do que se elimina o péptido sinal de 44 aminoácidos durante a tradución.

O xene que codifica o POMC está localizado no cromosoma 2 locus 2p23.3. O xene POMC exprésase nos lóbulos anterior e intermedio da hipófise ou pituitaria. O xene codifica un péptido de 285 aminoácidos precursor de hormonas que sofre un intenso procesamento postraducional específico do tecido, no que é cortado polos encimas similares á subtilisina chamados prohormona convertases. A proteína codificada sintetízase principalmente nas células corticotropas da adenohipófise, onde pode ser cortada en catro puntos. Os principais produtos orixinados son a hormona adrenocorticotropa (ACTH), esencial para unha esteroidoxénese normal e o mantemento do peso adrenal normal, e a β-lipotropina. Porén, hai polo menos oito sitios potenciais de corte no polipéptido precursor e, dependendo do tecido e da convertase dispoñible, o procesamento pode orixinar ata dez péptidos bioloxicamente activos implicados en diversas funcións celulares. Os sitios de corte teñen as secuencias, Arg-Lys, Lys-Arg ou Lys-Lys. Entre os encimas responsables do procesamento dos péptidos do POMC están a prohormona convertase 1 (PC1), prohormone convertase 2 (PC2), carboxipeptidase E (CPE), peptidil α-amidante monooxixenase (PAM), N-acetiltrasferase (N-AT), e prolilcarboxipeptidase (PRCP).

O procesamento do POMC implica glicosilacións, acetilacións, e cortes proteolíticos en sitios que conteñen rexións con secuencias básicas. Porén, as proteases que recoñecen estes sitios de corte son específicas de cada tecido. Nalgúns tecidos, como o hipotálamo, placenta, e epitelio, poden utilizarse todos os sitios de corte proteolítico, dando lugar a péptidos con funcións na homeostase da enerxía e dor, estimulación dos melanocitos, e modulaciñon inmunitaria. Entre eles están diversas melanotropinas, lipotropinas, e endorfinas, que están contidas na secuencia dos péptidos β-lipotropina e ACTH.

As mutacións neste xene foron asociadas co inicio temperán da obesidade, insuficiencia adrenal, e pigmentación vermella do pelo (ver roxo e cor do pelo). Foron descritas variantes alternativas orixinadas por splicing alternativo dos transcritos que codifican as mesmas proteínas. [1]

Produción[editar | editar a fonte]

O POMC sintetízano as seguintes células:

Derivados[editar | editar a fonte]

A POMC é unha longa molécula a partir da que se orixinan importantes substancias bioloxicamente activas. O POMC pode ser cortado encimaticamente dando os seguintes once péptidos:

Aínda que os 5 aminoácidos N-terminais da β-endorfina son idénticos á secuencia da [Met]encefalina, non se cre xeralmente que a β-endorfina se converta en [Met]encefalina. A [Met]encefalina orixínase a partir do seu propio precursor, a proencefalina A.

A produción de β-MSH ten lugar nos humanos pero non se produce nos ratos e ratas debido á ausencia do sitio de procesamento encimático no POMC dos roedares.

Funcións[editar | editar a fonte]

A función da POMC é orixinar as hormonas peptídicas antes indicadas. Nas células cada un destes péptidos empaquétase en vesículas grandes e densas, que se liberan por exocitose en resposta a unha estimulación axeitada:

  • A α-MSH producida polas neuronas no núcleo arqueado ten un importante papel na regulación do apetito e no comportamento sexual humano, mentres que a α-MSH segregada no lóbulo intermedio da hipófise regula a produción de melanina.
  • A ACTH é unha hormona peptídica que regula a secreción de glicocorticoides no córtex adrenal.
  • A β-endorphin e a [Met]encefalina son péptidos opioides endóxenos con múltiples accións no cerebro.

Interaccións[editar | editar a fonte]

A proopiomelanocortina pode interaccionar co receptor da melanocortina 4. [2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrez Gene: POMC proopiomelanocortin (adrenocorticotropin/ beta-lipotropin/ alpha-melanocyte stimulating hormone/ beta-melanocyte stimulating hormone/ beta-endorphin)". http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?Db=gene&Cmd=ShowDetailView&TermToSearch=5443. 
  2. Yang, Y K; Fong T M, Dickinson C J, Mao C, Li J Y, Tota M R, Mosley R, Van Der Ploeg L H, Gantz I (December 2000). "Molecular determinants of ligand binding to the human melanocortin-4 receptor". Biochemistry (UNITED STATES) 39 (48): 14900–11. DOI:10.1021/bi001684q. ISSN 0006-2960. PMID 11101306. 
  3. Yang, Y K; Ollmann M M, Wilson B D, Dickinson C, Yamada T, Barsh G S, Gantz I (March 1997). "Effects of recombinant agouti-signaling protein on melanocortin action". Mol. Endocrinol. (UNITED STATES) 11 (3): 274–80. DOI:10.1210/me.11.3.274. ISSN 0888-8809. PMID 9058374. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Outras lecturas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Pro-Opiomelanocortin [1]