Conversa:Porto, Zamora

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Propoño un novo título para este artigo: "Porto, As Portelas". Entendo que "Porto, Zamora" é tan válido como "Porto, Castela e León", pero na miña opinión a comarca (As Portelas) identifica máis claramente a este lugar, e non temos que recurrir á decimonónica denominación provincial, que por outra parte é confusa, Zamora é provincia mais tamén é cidade.--Alexandre Vigo 10:05, 24 de xuño de 2010 (UTC)

Acabo de ver a denominación na wiki en castelán, "Porto, Sanabria" que recolle moi ben a idea que explico arriba.--Alexandre Vigo 10:06, 24 de xuño de 2010 (UTC)

As interwiks falan así: ca:Porto (Zamora), es:Porto de Sanabria, eu:Porto (Zamora), haw:Porto (Zamora), ie:Porto (Zamora), it:Porto (Spagna), pt:Porto (Espanha), ru:Порто (Самора), war:Porto de Sanabria. "Porto, Sanabria" non existe. Por outra banda, adóitase mencionar o nome da vila seguido do nome da provincia. Neste caso, aínda que a provincia e a capital se chaman igual (como case todas as provincias/capitais), a confusión é imposible, pois unha vila non pode estar nunha capital e si nunha provincia. A páxina de homónimos Porto é un bo exemplo deste procedemento. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:22, 24 de xuño de 2010 (UTC)

Con todo Xoacas, se é por esa razón a de poñer o nome da vila e da provincia, desde o meu punto de visto é ter por única referencia ao Estado Español, un estado-centrismo que non o fai de todo neutral. A galipedia é unha wikipedia dunha lingua, do galego, non dunha parte do Estado español, e co número de Zamoras que hai, non vexo porque haxa que asumir a provincia española de Zamora.
  • Na Arxentina, a cidade de Lomas de Zamora, na provincia de Bos Aires e próxima á cidade mesma de Bos Aires.
  • No Ecuador,
a cidade de Zamora; capital da provincia de Zamora Chinchipe;
a provincia de Zamora Chinchipe;
o río Zamora.
  • Na España,
a cidade de Zamora, capital da provincia de Zamora.
  • No México,
a cidade de Zamora de Hidalgo, cabeceira do municipio de Zamora;
o municipio de Zamora, no estado de Michoacán;
o municipio de Gabriel Zamora, no estado de Michoacán;
o municipio de Gutiérrez Zamora, no estado de Veracruz.
  • Na Venezuela,
dous municipios Zamora, un no estado Aragua e outro no estado Miranda;
dous municipios Ezequiel Zamora, un no estado Barinas e outro no estado Monagas.
  • Nos EUA, localidade Zamora, California.
Aínda que exista Zamora provincia e Zamora cidade, existen moitas outras Zamoras. As Portelas sen embargo, só hai unha. Por iso non estou dacordo en que teñamos que "presupoñer" que esa Zamora sexa a Zamora española.--Alexandre Vigo 13:16, 24 de xuño de 2010 (UTC)

O rollo do estado-centrismo é tan subxectivo que non dá para discutilo. Sobre as outras Zamoras: o día que saibamos que nalgunha delas hai un lugar chamado Porto haberá un problema que solucionar, ata entón a cousa está ben como está. O convenio é lugar-parroquia-concello-provincia, e non se altera se non é preciso, sobre todo para que o lector non tolee. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 08:03, 25 de xuño de 2010 (UTC)