Huila é un dos 32 departamentos de Colombia e atópase na rexión natural andina. A súa capital é Neiva, considerada como unha das cidades máis importantes do sur de Colombia. Foi creado pola lei 46 do 29 de abril de 1905, constituído pola provincia de Neiva e a do sur, pertencentes ó antigo Estado Soberano do Tolima. O 15 de xuño do mesmo ano, iniciou a súa vida independente baixo a administración do doutor Rafael Puyo Perdomo.[1]
A superficie do departamento é de 19890km2 que representa tan só un 1,74% da superficie total do país.[2] De acordo co DANE, posúe unha poboación estimada de 1168910 habitantes; atópase dividido en 37 concellos, así como numerosos casaríos e sitios poboados.