Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro
Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro | |
---|---|
![]() Tumbas de Tierradentro. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 2°34′59″N 76°01′59″O / 2.58306, -76.03306 |
Tipo | Cultural |
Criterios | III |
Inscrición | 1995 (19ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 743 |
O Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro é un sitio arqueolóxico de Colombia, declarada Patrimonio da Humanidade en 1995 pola UNESCO por ser un importante reservorio da cultura precolombiana. Atópase no departamento de Cauca, nos concellos de Belalcázar e Inzá.
Os vestixios concéntranse nos arredores da poboación de San Andrés de Pisimbalá. As tumbas atópanse en varios sitios, sendo o máis representativo Segovia, que queda a 20 minutos a pé dos museos. O conxunto componse de El Duende, a 600 m ao nordeste de Segovia, San Andrés, situado 1500 m ao norte da sede administrativa, El Aguacate, sobre unha zona de difícil acceso e El Tablón, a 750 m ao nordeste de San Andrés de Pisimbalá. A topografía da área é abrupta, conserva vexetación primaria en pequena proporción e algúns animais silvestres. Os vestixios arqueolóxicos inclúen tumbas subterráneas ou hipoxeos, e estatuas de pedra, que dentro do parque se agrupan en cinco zonas: Alto del Aguacate, Alto de San Andrés, Loma de Segovia, Alto del Duende e El Tablón. As instalacións do parque contan cun museo arqueolóxico e un etnográfico.
Turismo[editar | editar a fonte]
O parque xerou un significativo pulo para a economía local debido á alta afluencia de turistas, tanto colombianos como estranxeiros. O sitio foi clasificado no ano 2012 entre os 100 lugares Patrimonio da Humanidade máis ameazados.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Máscara funeraria de ouro atopada en Tierradentro. No presente, consérvase no Museo do Ouro de Bogotá.
Brazalete de ouro atopado nunha tumba. No presente, consérvase no Museo do Ouro de Bogotá.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ World Monuments Fund: World Monuments Watch 1996-2012. – Consultado o 13 de febreiro de 2013
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |