Pori
Pori (fi) Björneborg (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | South-Western Finland Regional State Administrative Agency (en) | ||||
Rexión | Satakunta | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 83.219 (2024) (71,98 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Pori | ||||
Superficie | 1.156,16 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1558 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Lauri Inna (en) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Pori City Council (en) , (Escano: 59) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Eger Mâcon Porsgrunn (pt) Riga Smolyan (pt) Stralsund Sønderborg (pt) Kołobrzeg (pt) Bremerhaven (1969–) | ||||
Páxina web | pori.fi |
Pori (en sueco Björneborg, e en latín Arctopolis) é unha cidade de Finlandia, situada no oeste do país, na rexión de Satakunta (da cal é capital). Ten unha poboación de 83.303 habitantes segundo o censo de 2012.[1]
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome Pori vén da palabra borg ("castelo") do nome orixinal en sueco cunha adaptación á pronunciación finesa.[2] O nome en sueco Björneborg significa "castelo do oso", e o nome grego Arctopolis significa "cidade do oso".
Demografía
[editar | editar a fonte]- Fonte:[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Río e delta
[editar | editar a fonte]O levantamento xeolóxico logo da idade do xeo foi relatívamente alto na boca do río Kokemäenjoki. En 1558, cando se fundou a cidade, foi situada na beira da baía de Pori. A causa deste levantamento o delta do río comeza agora na fronte da cidade. A área recreativa de Kirjurinluoto está actualmente nunha illa conectada con pontes á terra. O Parque Nacional Urbano de Pori preserva a historia das fases de desenvolvemento da cidade.
Clima
[editar | editar a fonte] Pori (1981-2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima media (°C) | -3 | -3 | 1 | 8 | 14 | 19 | 21 | 20 | 14 | 8 | 2 | -1 | |
Temperatura mínima media (°C) | -8 | -9 | -5 | -1 | 4 | 9 | 12 | 10 | 6 | 3 | -2 | -5 | |
Precipitacións (mm) | 26,6 | 20,7 | 24,1 | 20,6 | 20,0 | 36,9 | 36,2 | 42,5 | 35,5 | 37,4 | 29,6 | 30,2 | |
Fonte: Foreca |
Cultura
[editar | editar a fonte]En Pori encóntrase o Museo de Satakunta, un museo de historia fundado en 1888. O Museo de Satakunta presenta a historia da provincia de Satakunta e da cidade de Pori. O edificio que alberga o museo foi deseñado en 1973.[4] O Museo de Arte de Pori é un museo de arte contemporánea e moderna, inaugurado en 1979 e ten como base as coleccións da coleccionista local de arte e mecenas Maire Gullichsen. A sede do museo encóntrase nunha antiga casa de pesaxe constuida orixinalmente en 1860.[5] Outros museos da cidade son o Museo Rosenlew, que presenta a herdanza industrial da empresa Rosenlew[6] e o museo de historia natural Luontotalo Arkki.[7] Toivo é o centro de renovación do Museo de Satakunta, nel preséntanse xeitos tradicionais de restauración de casas de madeira cunha exhibición dunha casa típica de principios de 1900.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""VÄESTÖTIETOJÄRJESTELMÄ REKISTERITILANNE 30.12.2012"". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2013.
- ↑ Paikannimet kahdella kielellä – pitkä kulttuuriperinne Arquivado 03 de xuño de 2009 en Wayback Machine. por Peter Slotte en Kotimaisten kielten tutkimuskeskus (16 January 2007) (en finés)
- ↑ Porin kaupungin tilastollinen vuosikirja 2009[Ligazón morta]
- ↑ "Satakunnan Museo" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ "Pori Art Museum" (en inglés). Cidade de Pori. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "Rosenlew Museum" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ "Luontotalo Arkki" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ "Rakennuskulttuuritalo Koivo" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pori |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en finés) (en inglés)