Sus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Sus
Porcos e xabarís
Unha porca co seu leitón
Unha porca co seu leitón
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Suina
Superfamilia: Suidoidea
Familia: Suidae
Subfamilia: Suinae
Tribo: Suini
Xénero: Sus
Linnaeus, 1758
Especie tipo
Sus scrofa Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto

Sus é un xénero de mamíferos artiodáctilos, o tipo da familia dos súidos.

Orixinario de Eurasia, inclúe os porcos domésticos e os xabarís.

Características e comportamento[editar | editar a fonte]

Os porcos son animais de tamaño mediano e corpo xeralmente robusto, en forma de barril, coa pel grosa e lixeiramente pilosa. Os ollos son xeralmente pequenos en relación ao tamaño da cabeza, e as orellas son relativamente pequenas e rematadas en punta. O cranio é longo e ten un perfil plano. A cola curta e rizada.

Unha das características máis notábeis dos porcos é o eu fociño, moi móbil, rematado no seu extremo nun disco cartilaxinoso onde se abren as fosas nasais. Esta estrutura está apoiada nun óso prenasal situado debaixo dos ósos nasais.

Os dentes caninos, de crecemento continuo, medran para formaren grandes cairos curvados cara ao exterior.

Os únicos dedos funcionais para a locomoción son os dous centrais, rematados en pezuños.

Os porcos son omnívoros, e a súa dieta inclúe fungos, follas, raíces, bulbos, tubérculos, froitos, caracois, lesmas, vermes, pequenos vertebrados, ovos, preas
e excrementos (incluíndo os seus), lixo e outros porcos.

Xabaril tomando un baño de barro.

Usan o seu musculoso e flexíbel fociño e as patas dianteiras para escavar no solo.

Porcos e xabarís foron introducidos polos seres humanos nun gran número de lugares. Desgrazadamente, nalgunhas zonas causaron danos considárabeis ao medio ambiente debido á súa constante busca de alimento, e outros levaron algunhas enfermidades que poden transmitirse ás persoas.

As femias maduran sexualmente ao redor dos 8 a 18 meses de idade. Entran en celo (estro) cada 21 días. Os machos maduran entre os 8 e os 10 meses de idade.[1] Cada camada de leitóns ten entre 6 e 12 individuos.

Os porcos non teñen glándulas sudoríparas funcionais,[2] polo que deben arrefriarse desde unha fonte externa, normalmente auga ou lama cando o necesitan. Os baños na lama tamén lles serven para protexerse do sol e dos insectos e parasitos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo) na 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]

Especies e subespecies[editar | editar a fonte]

Segundo Wison & Reeder, na 3ª edición do seu Mammals Species of the World na actialodade recoñécense aas seguintes especies e subespecies:[3]

  • Sus ahoenobarbus
  • Sus barbatus
    • S. barbatus barbatus
    • S. barbatus oi
  • Sus bucculentus
  • Sus cebifrons
    • S. cebifrons cebifrons
    • S. cebifrons negrinus
  • Sus celebensis
    • S. celebensis celebensis
    • S. celebensis floresianus
    • S. celebensis timoriensis
  • Sus oliveri
  • Sus philippensis
    • S. philippensis philippensis
    • S. philippensis mindanensis
  • Sus salvanius
  • Sus scrofa
    • S. scrofa scrolfa
    • S. scrofa algira
    • S. scrofa attila
    • S. scrofa cristatus
    • S. scrofa davidi
    • S. scrofa leucomystax
    • S. scrofa libycus
    • S. scrofa majori
    • S. scrofa meridionalis
    • S. scrofa moupinensi
    • S. scrofa nigripes
    • S. scrofa riukiuanus
    • S. scrofa sibiricus
    • S. scrofa taivanus
    • S. scrofa ussuricus
    • S. scrofa vittatus
  • Sus verrucosus
    • S. verrucosus verrucosus
    • S. verrucosus blouchi

Especies extinguidas[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sus scrofa en ADW.
  2. "Managing Heat Stress In Outdoor Pigs". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2012. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A., p. 985.
  • Donkin, R. A. (1985): The Peccary - With Observations on the Introduction of Pigs to the New Werld. Philadelphia: Transaction of the American Philosophical Society. Volume 75, Part 5. ISBN 0-87169-755-6.
  • Grassé, P.-P. (1980): Zoología. Tomo 4. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0270-5, pp. 204–206.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Nielsen, K. (2001): Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla. 2nd edition. Oxford University Press. ISBN 0-19-850682-1.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. Volume 1, 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazons externas[editar | editar a fonte]