Saltar ao contido

Berkshire (porco)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porca berkshire nunha granxa nas proximidades de Doune, en Escocia.

O porco berkshire é unha raza de porco doméstico orixinaria de Gran Bretaña. É moi escasa no Reino Unido e en Nova Zelandia existen non máis dun cento de cabezas de pura raza berkshire.

Características

[editar | editar a fonte]

Os porcos berkshire son uns porcos temperáns de cor negra uniforme, que presentan frecuentemente as patas, a cara e a punta do rabo de cor branca. As orellas son bastante grandes, e poden telas tesas ou lixeiramente caídas cara a adiante. O fociño é de tamaño medio. Non teñen engurras no pescozo e as omoplatas están ben orientadas. Son de perna curta e dereita, e o ventre tamén é recto.

Dise da raza berkshire que é a máis antiga raza de porco de Gran Bretaña. Son orixinarios das rexións de Faringdon e Wantage, no condado inglés de Berkshire (hoxe Oxfordshire. A lenda di que se fixeron populares logo de que as tropas de Oliver Cromwell se aproveitasen deles mentres paraban en Reading durante a Guerra Civil inglesa.

O personaxe de Napoleón, na novela de George Orwell A revolta dos animais, é un berkshire.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]