Pokémon Diamond e Pearl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Diamond e Pokémon Pearl
Desenvolvedor(es)Game Freak
Distribuidora(s)The Pokémon Company
Nintendo
Director(es)Junichi Masuda
Produtor(es)Hiroyuki Jinnai
Hitoshi Yamagami
Gakuji Nomoto
Hiroaki Tsuru
Deseñador(es)Shigeki Morimoto
Shigeru Ohmori
Artista(s)Ken Sugimori
Compositor(es)Go Ichinose
Junichi Masuda
Hitomi Sato
Lanzamento 28 de setembro de 2006
América do Norte: 22 de abril de 2007
Australia 21 de xuño de 2007
Unión Europea 27 de xullo de 2007
14 de febreiro de 2008
XéneroVideoxogo de rol
Modos de xogoUn xogador
Multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Nintendo DS
SeriePokémon
Na rede
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-diamond-version-and-pokemon-pearl-version/
editar datos en Wikidata ]

Pokémon Diamond Version (en xaponés: ポケットモンスター ダイヤモンド; Poketto Monsutā Daiyamondoe) e Pokémon Pearl Version (en xaponés: ポケットモンスター パール; Poketto Monsutā Pāru) son dous videoxogos de rol de 2006 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. Lanzouse orixinalmente no Xapón o 28 de setembro de 2006, e posteriormente foi lanzado en América do Norte, Australia e Europa ó longo do ano seguinte. Pokémon Platinum, unha versión mellorada, lanzouse ó mercado dous anos despois en cada rexión.

Ó igual que os xogos anteriores de Pokémon, Diamond e Pearl xiran arredor das aventuras dun adestrador Pokémon que captura e loita cos Pokémon ó mesmo tempo que frustra os plans dunha organización criminal chamada "Team Galactic". O xogo engade moitas características novas, como xogar en Internet a través de Nintendo Wi-Fi Connection, cambios na mecánica dos concursos Pokémon, ademais de 107 Pokémon novos. Os xogos son independentes entre eles, mais presentan en gran parte a mesma trama, e aínda que ámbolos dous se poden xogar por separado, é preciso intercambiar entre eles para completar a Pokédex.

O desenvolvemento de Diamond e Pearl anunciouse nunha conferencia de prensa de Nintendo a finais de 2004. Os xogos foron deseñados tendo en conta as características de Nintendo DS. O seu lanzamento estaba previsto en 2005 no Xapón, mais finalmente foi adiado a 2006, cadrando co décimo aniversario do nacemento da franquía. Para promocionar os xogos, Nintendo vendeu unha edición limitada de Nintendo DS Lite no Xapón, e tamén realizou unha festa de celebración para o lanzamento en América do Norte.

Os xogos recibiron valoracións favorables por parte da crítica. A maioría das recensión eloxiaron o engadido da característica do wifi, e malia que o modo de xogo non supuña unha grande evolución respecto dos títulos anteriores, seguía a ser interesante. Os xogos tiveron un grande éxito comercial, superando as cifras dos predecesores de Game Boy Advance: con preto de 18 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, Diamond e Pearl superaron en dous millóns as unidades de Pokémon Ruby e Sapphire e en case 6 millóns as unidades de Pokémon FireRed e LeafGreen. Ademais superaron ós seus sucesores, Pokémon Black e White en máis de 2 millóns de copias. Os xogos están entre os máis exitosos de Pokémon de tódolos tempos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What are the best selling Pokemon games of all time?". Dexerto.com. Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]