Game Boy Color

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Game Boy Color.

A Game Boy Color (ゲームボーイカラー Gēmu Bōi Karā?) é a sucesora da Game Boy de Nintendo. O portátil foi lanzado o día 21 de outubro de 1998 no Xapón,[1]19 de novembro de 1998 en América do Norte, o 23 de novembro de 1998 en Europa, e o 27 de novembro de 1998 no Reino Unido. Presenta unha carcasa de diferentes cores, e é lixeiramente máis ancha e alta cá Game Boy Pocket. Así como a Game Boy orixinal, posúe un procesador de 8-bit.[2] Combinados, a Game Boy e a Game Boy Color venderon 118,69 millóns de unidades en todo o mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

A Game Boy Color foi unha resposta á presión das desenvolvedoras de xogos por un sistema de xogo novo e máis sofisticado, xa que elas sentían que a Game Boy, mesmo en súa última versión, a Game Boy Pocket, non era abondo. O produto resultante era reversamente compatíbel, sendo o primeiro portátil quen de facer isto, expandindo a gran biblioteca de xogos e instalándose na base do seu predecesor. Isto converteuno un elemento chave na liña Game Boy, pois permitía que cada lanzamento na súa familia tivese á disposición unha biblioteca significantemente maior da que tiñan os seus competidores dende o comezo.

Cartuchos[editar | editar a fonte]

Os xogos creados especificamente para a Game Boy Color eran mantidos en cartuchos de memoria limpa. Non son compatíbeis coa Nintendo DS. Os xogos proxectados para a Game Boy Color, aínda que tamén incluían compatibilidade reversa co antigo Game Boy, posúen un deseño semellante ós cartuchos cinza para Game Boy, mais son de memoria negra para a identificación. Os lanzamentos europeo e norteamericano de Pokémon Yellow e Pokémon Gold e Silver presentan cartuchos de memoria diferenciada, aínda que sexan tecnicamente idénticos ós cartuchos negros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nintendo.co.JP - Game Boy Color
  2. "GBC Hardware Info". The Internet. Consultado o 17 de setembro de 2007.