Saltar ao contido

Satoshi Tajiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSatoshi Tajiri
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1965 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Setagaya Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMachida Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Nacional de Tecnoloxía, Facultade de Tokyo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoVideoxogo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninformático, director de videoxogos, guionista, emprendedor, desenvolvedor de videoxogos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorGame Freak Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0846969 Allocine: 604175 BNE: XX5183789 WikiTree: 田尻-5 Editar o valor en Wikidata

Satoshi Tajiri (en xaponés: 田尻 智 Hepburn: Tajiri Satoshi?, nado o 28 de agosto de 1965[1]) é un deseñador e director de videoxogos xaponés, máis coñecido por ser o creador da franquía Pokémon de Nintendo, así como un dos fundadores e o presidente da empresa de desenvolvemento de videoxogos Game Freak.

Seareiro dos xogos arcade, Tajiri escribiu e editou a súa propia revista sobre videoxogos, Game Freak, xunto con Ken Sugimori antes de evolucionar a empresa cara a unha desenvolvedora baixo o mesmo nome. Tajiri declarou que unir dúas consolas Game Boy a través do cable Link foi o que o inspirou a crear un xogo cuxo obxectivo orixinal era coleccionar insectos, a súa grande afección da nenez. O xogo, que despois se convertería en Pokémon Red e Pokémon Green, levou seis anos para ser completado e foi o xermolo dunha franquía multimillonaria que deu un pulo renovado a Nintendo no sector das consolas portátiles. Tajiri continuou a traballar como director da serie de videoxogos Pokémon ata o desenvolvemento de Pokémon Ruby e Sapphire, cando cambiou o seu rol a produtor executivo.

Tajiri tamén traballou noutros proxectos como os spin-offs da franquía Mario, e foi o produtor executivo do filme de acción en vivo Detective Pikachu.[2]

AnoTítuloRol
1989Mendel PalaceDirector e deseñador
1991Smart BallDirector, deseñador,
guionista de escenarios
YoshiDirector e deseñador
1992Magical Tarurūto-kunProdutor
1993Mario & WarioDirector, deseñador
1994Nontan to Issho: Kuru-Kuru PuzzlePlanificador
PulsemanDirector, deseñador
1995Jelly Boy 2 (sen estrear)Supervisor
1996Pokémon Red, Green e BlueDirector, deseñador,
guionista de escenarios, deseñador de mapas
1997Bushi Seiryūden: Futari no YūshaDeseñador
1999Pokémon Gold e SilverDirector, deseñador
2002Pokémon Ruby e SapphireDirector executivo
2004Pokémon FireRed e LeafGreenGuionista de escenarios,
director executivo
Pokémon Emerald Director executivo
2005Drill DozerProdutor executivo
2006Pokémon Diamond e Pearl
2010Pokémon HeartGold e SoulSilver
2011Pokémon Black e White
2012Pokémon Black 2 e White 2
HarmoKnight
2013Pokémon X e Y
2014Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire
2015Tembo the Badass Elephant
2016Pokémon Sun e Moon
2017Giga Wrecker
Pokémon Ultra Sun e Ultra Moon
2018 Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!
2019 Pokémon Sword e Shield
  1. "Satoshi Tajiri Biography". IGN. News Corporation. 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2010.
  2. "Pokémon Detective Pikachu". Metacritic. Consultado o 17 de novembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Tajiri, Satoshi A Catcher in Pac-Land: Video Game Youth Story (abril de 1990) JICC
  • Tajiri, Satoshi New Game Design (1995) Enix ISBN 4-87025-858-7

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]