Saltar ao contido

Aythya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aythya é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e familia dos aitinos.

De distribución mundial,[1] está constituído por especies de patos mergulladores.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1822 polo zoólogo alemán Heinrich Boie[2][3], irmán do tamén zoólogo Friedrich Boie.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Aythya está tirado do termo do grego antigo αἴθυια aithuia, nome dunha ave mariña sen identificar citada por Aristóteles.[4]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Aethyia Gloger, 1827
  • Aithya Boie, 1828
  • Aithyia Gloger, 1827
  • Athya Boie, 1822
  • Aythia Salvadori, 1895
  • Aythyia Bonaparte, 185

O xénero comprede 12 especies.[2][3]

ImaxeNome científicoNome vulgarDistribuciónEstado de conservación
Aythyia valisineriaParrulo de dorso branco[5]NortaméricaPouco preocupante
Aythya ferinaParrulo eurasiático[5]Norte de Europa e AsiaVulnerable
Aythya americanaParrulo americano[5]América do Norte, desde o norte do Canadá até o sur dos Estados UnidosPouco preocupante
Aythya collarisParrulo de colar[5]Norte dos Estados Unidos e o CanadáPouco preocupante
Aythya australisParrulo australiano[5]Australia, Nova Guinea, Nova Zelandia e isls do PacíficoPouco preocupante
Aythya baeriParrulo de Baer[5]Sueste de Rusia e nordeste da China, migrando no inverno ao sur da China, Vietnam, Xapón e a IndiaEn perigo crítico de extinción
Aythya nyrocaParrulo castaño[5]Desde a Península Ibérica e o leste do Magreb até o oeste de Mongolia e, polo sur até ArabiaEn perigo crítico de extinción
Aythya innotataParrulo malgaxe[5]MadagascarEn perigo crítico de extinción
Aythya novaeseelandiaeParrulo maorí[5]Nova ZelandiaPouco preocupante
Aythya fuligulaParrulo cristado[5]En toda a Eurasia temperada e do norte; visitante ocasional dos Estados Unidos e o CanadáPouco preocupante
Aythya marilaParrulo boreal[5]Alasca, norte do Canadá, Siberia e as zonas máis setentrionais de EuropaPouco preocupante
Aythya affinisParrulo bóla[5]Alasca, o oeste do Canadá até o oeste de Montana, e América CentralPouco preocupante
  1. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
  2. 1 2 3 Aythya F.Boie, 1822 no GBIF. Consultado o 7 de decembro de 2022.
  3. 1 2 Aythya Boie, 1822 na BioLib. Consultada o 7 de decembro de 2022.
  4. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 64.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 A Chave (2024). Os nomes galegos das aves (5 ed.). A Chave.