Friedrich Boie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFriedrich Boie
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1789
Meldorf, Ducado de Holstein, Sacro Imperio Romano Xermánico
Morte3 de marzo de 1870
Kiel, Reino de Prusia
Xuíz
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía e entomoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Kiel Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo, xuíz
Membro de
Linguaalemán
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaF. Boie Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiHeinrich Christian Boie
IrmánsHeinrich Boie
Premios
Membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina

Friedrich Boie, nado o 3 de marzo de 1870 en Meldorf, Ducado de Holstein, Sacro Imperio Romano Xermánico, e finado o 3 de marzo de 1870 en Kiel, Reino de Prusia, foi un zoólogo especializado en entomoloxía, herpetoloxía e ornitoloxía, e xurista alemán.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Friedrich Boie era fillo de Heinrich Christian Boie, escritor alemán que estudou dereito na Universidade de Jena, e que viviu en Gotinga, e irmán de Heinrich Boie, zoólogo.

Friedrich Boie describiu varios xéneros e especies de aves como Athene, Chrysococcyx, Cyanocorax, Glaucis, Pericrocotus e Progne, entre outros.

Ademais, co seu irmán Heinrich, traballando jxuntos, describiron ao redor de 50 novas especies de réptiles.[2]

En 1860 Friedrich Boie foi elixido membro da sección de zooloxía da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.[3]

Principais obras[editar | editar a fonte]

1826. "Generalübersicht der ornithologischen Ordnungen, Familien und Gattungen" Isis, oder Encyclopädische Zeitung von Oken '19: 969–981. Ler en liña. 1827. "Bemerkungen über Merrem’s Versuch eines Systems der Amphibien". Marburg, 1820. 1te Lieferung, Ophidier. Isis von Oken 20 (6): 508–566. Ler en liña. 1828. "Über eine noch nicht beschriebene Art von Cordylus Gronov. Cordylus cataphractu Boie". Nova acta physico-medica Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosum 14 (1): 139–142. Boie, F. 1828. Bemerkungen über mehrere neue Vogelgattungen. Isis, oder Encyclopädische Zeitung von Oken 21 col. 312–329. Ler en liña. 1838. "Zur Verwandlungsgeschichte inländischer Zweiflügler". Naturhistorisk Tidsskrift 2: 234–248. Ler en liña.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura F. Boie emprégase para recoñecer a Friedrich Boie como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beolens, Bo, &Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Boie", p. 31).
  2. Ver "Boie" en The Reptile Database.
  3. Friedrich Boie na web da Leopoldina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Karl August Möbius (1870): "Friedrich Boie † Nekrolog". En: J. für Ornithologie 18 (3): 231-233. Ler en liña.