Pataca doce
Pataca doce | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raíz tuberosa de Ipomoea batatas | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ipomoea batatas L. |
A pataca doce ou batata[1] (Ipomoea batatas), é unha planta da familia das convolvuláceas, da orde das Solanales (a mesma da pataca, do tomate, das pementas etc.). Orixinaria dos Andes, espallouse polos trópicos e subtrópicos de todo o mundo. A súa raíz tuberosa é comestíbel, aínda que non é popular o seu consumo en Galicia.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]"Pataca doce" é unha referencia ao gusto doce de seu tubérculo comestíbel. No Brasil tamén lle chaman jetica ou jatica, ambos os dous termos provenientes da lingua tupí para a planta, ye'tika.[2]
O dicionario da Real Academia Galega non recolle nome vulgar ningún para esta planta, pero si outros dicionarios. En castelán recibe, ademais do nome de batata, o de boniato (voz caribeña).
Distribución
[editar | editar a fonte]Orixinaria dos trópicos de América Central, América do Sur, foi domesticada e cultivada dende hai 8000 anos no Perú. Chegou a Europa no século XVI, espallándose amplamente en todo o mundo.
Segundo estatísticas da FAO[3] do ano 2009, China é o primeiro produtor, pois cultiva aproximadamente o 80 % do total mundial; séguenlle Uganda, Nixeria e Indonesia. Illas Salomón ten a maior produción per cápita do mundo: 160 kg por persoa e ano. É un alimento recoñecido como eficaz na loita contra a desnutrición grazas ás súas características nutritivas, facilidade de cultivo e produtividade.
Hortaliza de raíces
[editar | editar a fonte]Posúe diversas variedades cultivábeis divididas en 'de mesa' (ou mercado) e as 'forraxeiras', ambas poden ter cores externas amarela, branca e roxa. Con todo, o número de variedades non se restrinxe só a esas características senón que poden clasificarse de acordo co formato, tamaño, cor interna, dozura, precocidade, cor das follas e até pola coloración das flores, entre outras.
É a cuarta hortaliza máis cultivada no Brasil e a que ten maior índice de produtividade por hectárea.
Hortaliza de follas
[editar | editar a fonte]As follas e gomos da pataca doce son, despois dun breve cocemento, comestíbeis, saborosas e nutritivas, constituíndo unha verdura doada de cultivar e de colleita abundante. A pataca doce (Ipomoea batatas) é parente moi próxima de Ipomoea aquatica Forssk., verdura moi utilizada en Asia e cultivada no Brasil por inmigrantes xaponeses.
Planta ornamental e invasora
[editar | editar a fonte]A pataca doce utilízase nalgúns lugares, como no Brasil, como planta ornamental en xardineiras, vasos suspensos e cestas.
Ocasionalmente, a pataca doce pode considerarse invasora; isto ocorre nalgunhas rexións do Brasil: Goiás, São Paulo, Minas Gerais ou Rio Grande do Sul.[Cómpre referencia]
Propiedades nutricionais
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 378 kJ (90 kcal) |
20.7 g | |
Amidón | 7.05 g |
Azucres | 6.5 g |
Fibra alimentaria | 3.3 g |
0.15 g | |
2.0 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 120% 961 μg |
Tiamina (B1) | 10% 0.11 mg |
Riboflavina (B2) | 9% 0.11 mg |
Niacina (B3) | 10% 1.5 mg |
Vitamina B6 | 22% 0.29 mg |
Ácido fólico (B9) | 2% 6 μg |
Vitamina C | 24% 19.6 mg |
Vitamina E | 5% 0.71 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 4% 38 mg |
Ferro | 5% 0.69 mg |
Magnesio | 8% 27 mg |
Manganeso | 24% 0.5 mg |
Fósforo | 8% 54 mg |
Potasio | 10% 475 mg |
Sodio | 2% 36 mg |
Cinc | 3% 0.32 mg |
USDA Database (ed.). "Sweet potato". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2019. | |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A raíz contén grandes cantidades de amidón, vitaminas, fibras (celulosa e pectinas) e minerais, e destaca entre estes o contido de potasio. En valor enerxético supera á pataca e en vitaminas salienta pola provitamina A (betacaroteno) e as B1, C (ácido ascórbico) e E (tocoferol). Canto máis amarelenta é a súa raíz, máis betacaroteno posúe, polo que as patacas doces con esta coloración son moi utilizadas en Asia e África para reducir a deficiencia de vitamina A nos nenos. O seu sabor doce débello á sacarosa, á glicosa e á frutosa.[4]
Ademais, a raíz, malia non posuír altos contidos de proteína, si é importante no contido de lisina. Por isto emprégase como complemento dalgunhas fariñas de cereais. O seu contido en lípidos é baixo. Os seus ácidos graxos principais son o linoleico, o oleico, o esteárico e o palmitoleico. Posúe gran cantidade de fibra dixeríbel, que acelera o tránsito intestinal, prevén o cancro de colon, controla o nivel de glicosa, reduce o nivel de colesterol e produce sensación de saciedade. A súa pel e a súa polpa posúen antioxidantes, polo que preveñen doenzas cardíacas, diabetes e cancro.[4]
Nalgúns países valórase a folla para alimentar ao gado así coma fertilizante polos niveis de ferro, provitamina A, vitamina B2, vitamina C e vitamina E, fibra dietaria e polifenois.[4]
Serven para preparar doces e sobremesas en combinación con froitas como a goiaba.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de Pataca doce no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.987
- ↑ "Food and Agriculture Organization of the United Nations". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 07 de febreiro de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Martí, H. R., Corbino, G. B. y Chludil, H. D. (2011). La batata, el redescubrimiento de un cultivo. Ciencia Hoy, 121, feb-mar.". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2012. Consultado o 07 de febreiro de 2013.
- ↑ Listado de sinónimos de Ipomoea batatas. [1] Arquivado 09 de decembro de 2008 en Wayback Machine..
- ↑ Sinónimos en Tropicos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pataca doce |