Convolvulaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convolvuláceas (Convolvulaceae)
Ipomoea purga
Ipomoea purga
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Solanales
Familia: Convolvulaceae
Géneros

Véxase no texto

Sinonimia
  • Cuscutaceae Dumort.
  • Dichondraceae Dumort.
  • Erycibaceae Endl. ex Meisn.
  • Humbertiaceae Pichon,
  • Poranaceae J. Agardh[1]

Convolvulaceae, as convolvuláceas, é a familia das ipomeas cuns 60 xéneros e máis de 650 especies. A maioría son plantas rubideiras herbáceas, mais tamén árbores, arbustos e herbas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son plantas herbáceas, ás veces leñosas, case sempre volúbeis, e con látex. O vástago destas plantas xeralmente está enrolado, de aí o seu nome latino (convolvere = enrolar). As follas son simples e alternas, sen estípulas. Poen ser recoñecidos doadamente polas súas flores de forma de funil radial e simétrica; hermafroditas, pentámeras, poucas veces tetrámeras, en dicasios axilares. Cáliz pentámero libre, persistente e acrescente. Teñen 5 sépalos, con corola de 5 pétalos unidos e 5 estames insertos e alternos, en igual número que lobos da corola. Disco en xeral presente, ovario súpero (flores hipóxinas). O froito é unha cápsula cunha a catro sementes (ás veces máis), ou unha baga.

Usos[editar | editar a fonte]

As follas e o amidón das raíces tuberosas dunhas determinadas especies utilízanse coma alimento (exemplo pataca doce e a espinaca de auga). As sementes pódense usar como purgantes. Algunhas especies desta familia conteñen ergolina, un alcaloide que probabelmente ten actividade como psicodélicos (drogas psicoactivas) (como por exemplo o ololiuhqui).

Hai membros desta familia que se utilizan como plantas ornamentais de xardín (por exemplo, a gloria da mañá) e hainos tamén que se consideran malezas (xeralmente do tipo rubideira).

Tribos[editar | editar a fonte]

A familia Convolvulaceae pode ser clasificada nas tribos seguintes: Anisieae, Cardiochlamyeae, Convolvuleae, Cresseae, Cuscuteae, Dichondreae, Erycibeae, Humbertieae, Ipomoeeae, Jacquemontieae, Maripeae, Merremieae.[2]

Etnobotánica[editar | editar a fonte]

As sementes de moitas especies da familia conteñen alcaloides de ergolina como os psicodélicos ergonovina e a erxina (LSA).

As sementes da Ipomoea tricolor e de Turbina corymbosa úsanse coma psicodélicos. As semenetes da gloria da mañá poden producir un efecto semellante ao do LSD cando son inxeridas en doses altas, en cantidades achegadas ao cento. Malia non ser legal o LSA en varios países, as sementes atópanse nas tendas de xardinaxe, mais a maioría das veces este tipo de sementes están cubertas por algunha forma de pesticidas ou con metilmercurio. Estas coberturas son especialmente perigosas se alguén ten un historial de desordes do fígado e tamén poden causar dano neural.[2]

Xéneros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Base de Datos en Liña]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/family.pl?287 (06 December 2013)
  2. 2,0 2,1 Austin, D. F. (1973) The American Erycibeae (Convolvulaceae): Maripa, Dicranostyles, e Lysiostyles I. Systematics. Ann. Missouri Bot. Gard. 60: 306-412.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Austin, D. F. (1973) The American Erycibeae (Convolvulaceae): Maripa, Dicranostyles, and Lysiostyles I. Systematics. Ann. Missouri Bot. Gard. 60: 306-412.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]