Pobra de Seabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Póboa da Seabre")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°3′19″N 6°38′1″O / 42.05528, -6.63361

Pobra de Seabra
Puebla de sanabria.jpg
Coat of Arms of Puebla de Sanabria.svg
Puebla de Sanabria06.jpg
Pobra de Seabra
Localización
Mapa dos concellos de Zamora
PaísEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
ProvinciaZamora
ComarcaSeabra
Xeografía
Altitude990 msnm
Superficie81,39 km²
Demografía
Poboación1.432 hab. (2017)
Densidade18,71 hab./km²
XentilicioSanabrés/sa
Outros datos
Código postal49.300
AlcaldeJosé Fernández Blanco
www.pueblasanabria.org

Pobra de Seabra[1] (en castelán: Puebla de Sanabria, en leonés: La Puebla ou La Viella[2]) é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, capital da comarca de Seabra.

Esténdese por unha área de 81 km² onde no ano 2017 vivían 1.432 habitantes. Encóntrase a 111 km da capital, Zamora. As localidades que forman o concello de Pobra de Seabra son: A Pobra de Seabra, Robledo (El Robréu en leonés), Ungilde (Unxilde) e Castellanos.

Historia[editar | editar a fonte]

Seabra aparece documentada desde o século VII como parroquia sueva e ceca visigoda baixo o nome de "Senapria". No século X a "Urbs Senabrie" é citada como referente territorial nos primeiros diplomas do mosteiro de San Martín de Castañeda. A consolidación deste núcleo urbano como cabeza de toda a comarca sanabresa debeu producirse a partir do reinado de Afonso VII, posteriormente Afonso IX fomentou o seu desenvolvemento mediante o outorgamento dunha carta poboa o 1 de setembro de 1220, inspirada no Foro de Benavente. O texto de devandito foro é coñecido a través dun privilexio de Afonso X (Sevilla, 19 de maio de 1263) polo que confirma e modifica parcialmente a carta foral de Afonso IX.

Durante o século XVII sufriu a Guerra de Separación de Portugal ao estar situada en plena fronte de batalla. De igual xeito, durante a Guerra de Sucesión ocorrida en España entre os partidarios de Filipe de Anjou e o Archiduque Carlos, a vila será ocupada por tropas portuguesas, sendo recuperada pola Monarquía Hispánica o 24 de decembro de 1715, de acordo ao acordado na Paz de Utrecht.

O 27 de xuño de 1931, cando se proclamou a Primeira República Galega, na Pobra de Seabra realizouse unha manifestación na cal se izou a bandeira galega e se exhibiu un cartel que puña: «Queremos anexarnos a Galicia».[3]

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Pobra de Seabra non variou demasiado nos últimos 100 anos. Houbo continuos aumentos e diminucións da poboación. O crecemento dos anos 70 débese a que absorbeu outro concello, Ungilde.

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008
1.107 1.107 1.028 1.286 1.219 1.367 1.297 1.588 1.858 1.696 1.577 1.595

Política[editar | editar a fonte]

A repartición de escanos quedou deste xeito:


PSOE PP Outros Total
2007 6 3 0 9
2011 7 2 0 9
2015 9

Patrimonio artístico[editar | editar a fonte]

Lago de Seabra

Festas[editar | editar a fonte]

O 8 de setembro celébranse as festas da nosa Señora das Vitorias, que duran toda a semana e ás que acoden xentes de toda a comarca, dados os importantes espectáculos que ofrecen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. http://www.academia.edu/2128243/_Que_facemos_cola_toponimia_de_Zamora
  3. Arrizado, Fernando (22.6.2010). "27 de xuño de 1931: Proclámase a República Galega". Vieiros. Consultado o 3.11.2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]