Conversa:Pobra de Seabra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

En internet as únicas referencias a Póboa da Seabre son da Galipedia, hai unha referencia a Pobra de Seabre en Vieiros. Como a localidade nunca foi de lingua galega (antigamente foi de lingua leonesa hoxe de lingua castelá), e póboa é unha forma que non se conservou popularmente no galego moderno (de feito os topónimos dos dous concellos galegos son Pobra con artigo, A Pobra) e non hai referencias do contrario o topónimo Póboa da Seabre semella inventado, en portugués Póvoa de Seabra ten un uso mínimo. No leonés da zona (sanabrés) utilizouse, e aínda o utilizan os vellos, La Viella [1] e no leonés común hoxe parece que se tende a utilizar La Puebra, aínda máis mesmo no castelán da zona utilízase La Puebla ou La Villa polo que dá aínda o topónimo máis a sensación de ser inventado, xa que en galego tamén requiriría o artigo.--RNC 08:25, 13 xuño 2009 (UTC)

  • Como curiosidade os medios de comunicación en galego tenden a utilizar A Pobra de Sanabria (hai documentos onde aparece como A Pobra de Seabra en 1580: Manuel de Paiva Boleo en Revista Portuguesa de Filologia, 1980, páxina 7), teño as miñas dúbidas que A Seabre sexa a forma correcta, de feito no libro A lingua galega, historia e actualidade, actas dun congreso internacional publicado polo Consello da Cultura Galega, Ramón Lorenzo utiliza Pobra de Seabra, tamén sen artigo, e na páxina 463 Raquel Aira, do ILGA, afirma explicitamente que é Seabra.--RNC 09:00, 13 xuño 2009 (UTC)
  • Polo menos esa forma conta cunha referencia válida, a de Ramón Lorenzo, a actual carece dela.--RNC 15:14, 13 xuño 2009 (UTC)