Igrexa de Nuestra Señora del Azogue
| Igrexa de Nuestra Señora del Azogue | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pobra de Seabra | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Diocese
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
A igrexa de Nuestra Señora del Azogue é unha igrexa románica, con reformas de estilo gótico, situada en Pobra de Seabra (provincia de Zamora).
Descrición
[editar | editar a fonte]Situada na parte máis alta da vila, xunto ao castelo dos Condes de Benavente, conserva da súa fábrica románica os muros da nave e dúas portadas que se sitúan neles, todo iso froito da segunda metade do século XII.
A porta meridional encóntrase baixo un soportal situado entre a torre e o brazo sur do cruceiro. Consta de tres arquivoltas de medio punto abucinadas sobre xambas. A exterior está decorada con flores tetrapétalas, a do medio é unha mediacana rodeada de talos que se entrecruzan formando rombos e a interior está formada por unha escocia entre dous boceis.
A outra porta, a occidental, está formada por catro arquivoltas apuntadas. Mención á parte merecen as columnas e as estatuas encostadas, feitas en pedra lousenta, mentres que o resto é de granito. Sobre a súa clave vese encaixada unha cabeza de cabaleiro barbado.
Baixo o adro encóntrase unha pía bautismal románica de granito con forma troncocónica e decorada cun anxo entre dous cruzamentos flordeliselados, un home de fronte cun libro nas súas mans e outro de perfil con capucha.
O templo garda semellanza con outras igrexas veciñas de Galicia —como san Pedro da Mezquita, santa María de Aciveiro ou santa María de Cambre— e o norte de Portugal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enríquez de Salamanca, C.: Rutas del románico en la provincia de Zamora; ISBN 84 86097 70 3