Os escuros soños de Clío
Os escuros soños de Clío | |
---|---|
Edicións do Cerne, 1979. | |
Título orixinal | Os escuros soños de Clío |
Autor/a | Carlos Casares |
Ilustrador/a | non ten ilustracións |
Cuberta | varios (segundo edición): Egon Schiele etc |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Colección | varias, p.ex.: «Colección Minor» (Cerne) «Biblioteca Carlos Casares» |
Xénero(s) | Prosa literaria: relatos breves |
Editorial | Edicións do Cerne e Galaxia |
Data de pub. | 1979 |
Páxinas | 112 ~ 140 [1] |
ISBN | ver: "Edicións" |
Precedido por | Xoguetes para un tempo… |
Seguido por | Ilustrísima |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os escuros soños de Clío, é un libro de narrativa, composto por doce relatos, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño. Publicado por vez primeira por Edicións do Cerne en 1979 e despois en varias ocasións pola Editorial Galaxia, foi traducido a media ducia de linguas.
“ | Son bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura | ” |
— Gonzalo Torrente Ballester sobre Os escuros soños de Clío |
Descrición
[editar | editar a fonte]Adicado a Ramón Piñeiro e considerado pola crítica unha das mellores obras de Casares, toma o nome de Clío, a musa da Historia na mitoloxía grega.
En doce contos, presuntamente baseados en referencias bibliográficas, o autor describe un mundo do pasado, mesturando superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor, cunha clara intención paródica.
- "Dous normandos"
O narrador encontra na biblioteca Nacional de Copenhague un libro que describe as incursións dos viquingos en diferentes lugares, incluídas as terras de Cervo, en Lugo. Durante esta batalla, acontecida no século X, destacaron dous guerreiros: Torbjorn, exemplo de crueldade, e o seu conveciño, moito máis benévolo, Orm. Cando os capturaron, os veciños de Cervo decidiron axustizalos en correspondencia co seu comportamento. Torbjorn tardou moito en morrer e despois de morto seguiu facendo imposible a vida dos paisanos. Orm, en consonancia co seu bo carácter, morreu rápido e axudou sempre aos veciños nos seus labores.
- "Luís de Morgade, curador de don Carlos II o Enfeitizado"
- "O alquimista Caaveiro"
Cóntase nesta historia como Antonio F. Caaveiro, un antigo seminarista que fora condenado a morte por un escuro asunto de sodomía, empeña a súa vida ofrecéndolle ó rei Felipe IV catro mil quilos de ouro que serían entregados no prazo dun ano; de non facelo sería axustizado.[2]
- "O avisador e o avisado"
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "O xudeu Xacobe"
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Un enigma histórico"
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "De cando executaron a Porlier"
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Cagliostro en Compostela"
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Un escritor didáctico"
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Un fidalgo fernandino"
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "San Pedro Novo"
Pedro Ardellastres foi o célebre ferreiro do sur de Ourense que serviu de inspiración para a invención popular de San Pedro Novo, venerado en toda a Limia Baixa ata que foi retirado do santoral o século pasado. Aínda que non se sabe moito sobre el, do expediente Quevedo, elaborado por este relixioso, entresaca o autor dous testemuños relativos á vida deste personaxe: o de Fernando Salomón, abade e devoto de S. Pedro, e o de Xohan Alfonso de Cerreda. O primeiro refírese ao proceso de Ardellastres, da muller e da filla, dos milagres que contaron as testemuñas e de como estas se rebelaron cando souberon que os acusados ían ser axustizados. O segundo narra algúns dos milagres do santo despois de morrer. Ambos testemuños son considerados pouco fiables por Quevedo, xa que o instrutor González de Almeida considera probado que Ardellastres era un home mentalmente enfermo, que se consideraba Cristo e se aproveitaba das xentes, que lle daban diñeiro e abusaba das mulleres que querían ter un fillo del.
- "O republicano de Francelos"
O autor reproduce a instancias do seu amigo Xulio Alonso Losada os datos recollidos sobre don Luis Meruéndano, un galego arroutado e esquencido. A primeira noticia vén nun folleto de 1973 no que o autor trata de exculpar ao farmacéutico Xosé María Chao do atentado que mutilou ao xeneral Eguía en 1829, en pleno réxime absolutista de Fernando VII, cando era o militar Capitán Xeneral de Galicia. Nese folleto cítase a Meruéndano como discípulo avantaxado de Chao. Por certo, Curros Enríquez, na biografía de Eduardo Chao, ministro de Fomento durante a 1ª República e fillo do primeiro, tamén o considera inocente.
Noutro folleto que o autor atopa anos despois dise que o personaxe, un pequeno fidalgo do Ribeiro, iniciou a súa agresiva carreira contra o clero en Santiago, mentres estudaba Dereito. Cando volveu a Francelos, onde miraba pola tenda que fora de seu pai, comezou a frecuentar a botica de Chao en 1835, onde aprende a preparar explosivos. Con todo, e a pesar dos seus comentarios irreverentes contra os monarcas, gaña fama de home equilibrado. Cando en febreiro de 1852 chega a noticia da morte do cura Martín Merino, o Apóstata, acusado de atentar contra Isabel II, decidiu levar a cabo un plan que tardaría anos en preparar. Finalmente, xa en Madrid, conseguiu entrar no Palacio Real, valéndose dun amigo reloxeiro, cun paquete de explosivos. O paquete estouroulle a un criado e o fidalgo foi detido na pensión onde agardaba. Da condena a morte salvouno a revolución de 1868, aínda que el o atribuía a un pauto co demo.
De volta na aldea, en 1874 proclamou a república independente de Francelos. Morreu xa vello en 1885, tres días despois do rei, Afonso XII. Dixeron daquela que morrera dunha enchente de porco e viño, pero o seu apaixonado biógrafo opina que foi por saber que a raíña rexente, María Cristina de Habsburgo, estaba preñada. Foi enterrado no camposanto, porque o cura opinaba que, a pesar de todo, era un veciño.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O libro foi Premio da Crítica Galicia á mellor creación literaria en 1980.[3]
“ | Tudo o que vemos é outra coisa. Fernando Pessoa (cita inicial no libro) |
” |
Edicións
[editar | editar a fonte]En 1979 e 1980 publicouse por Edicións do Cerne.[4] En 1991 foi incluído na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia.
En 2002 incluíuse na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, co n.º 58, ISBN 84-9757-018-9 / ISBN 84-8288-515-4.
En decembro de 2006 pasou a formar parte da colección «Biblioteca Carlos Casares» de Galaxia, ISBN 978-84-8288-961-0.[1]
- Traducións
A obra completa foi traducida ao castelán (por Xesús Rábade Paredes, Alfaguara, 1984, ISBN 84-204-8019-3),[6] ao francés (Éditions Seveirat), ao ruso (trad. Alexander Sádukov, ed. Ráduga), ao ucraíno, ao italiano (Giulia Lanciani, Gli oscuri sogni di Clio, Japadre, 1989, ISBN 8870061913) e ao asturiano (Pablo Antón Marín Estrada, 2003).[7]
Así mesmo, foron traducidos ao alemán en 1994, por Elke Wehr, dous dos relatos: "O xudeo Xacobe" ("Der Jude Jakob") e "Un enigma histórico" ("Ein historisches Rätsel").[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Edición na colección «Biblioteca Carlos Casares», na páxina de Galaxia
- ↑ https://atallolongo.blogspot.com/2012/03/carlos-casares-o-alquimista-caaveiro.html
- ↑ "Premios da Crítica Galicia do 1978 ao 2012". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2016.
- ↑ Imaxes da cuberta das edicións de Edicións do Cerne: [1] [2] Arquivado 14 de agosto de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Maqueta da colección e deseño da cuberta: Manuel Janeiro.
- ↑ "Imaxe da cuberta edición en castelán de Alfaguara". Arquivado dende o orixinal o 09/08/2016. Consultado o 11/07/2016.
- ↑ Os escuros soños de Clío Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. na Bitraga. Universidade de Vigo.
- ↑ AAVV (2003). Catálogo de obras literarias en lingua galega traducidas…, CCG.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os escuros soños de Clío |
A Galicitas posúe citas sobre: Os escuros soños de Clío |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Basanta, Álgel (2012). "A traxectoria narrativa de Carlos Casares"
- Lorenzana, Salvador (Francisco Fernández del Riego) "Os escuros soños de Clío, por Carlos Casares" en Grial n.º 70, 1980.