Egon Schiele
Egon Leo Adolf Schiele, nado en Tulln an der Donau, Imperio Austrohúngaro o 12 de xuño de 1890 e finado en Viena o 31 de outubro de 1918, foi un pintor e gravador austríaco, contemporáneo e discípulo de Gustav Klimt.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos grandes artistas figurativos de principios do século XX e xunto con Oskar Kokoschka formou o que se coñece por expresionismo austríaco. A súa vida estivo rodeada por unha aura de misticismo: de talento moi precoz, faleceu aos 28 anos. A pesar da súa curta vida, a súa obra é moi extensa: unhas trescentas corenta pinturas e dúas mil oitocentas acuarelas e debuxos. Na súa obra creativa figuran tamén poemas e experimentos fotográficos. O seu particular estilo situouno entre os movementos expresionistas, especialmente da Secesión vienesa, cunha tipoloxía moi persoal.
As principais obras de Schiele consérvanse en Viena distribuídas entre a Österreichische Galerie Belvedere e o Leopold Museum inaugurado no ano 2001. Ademais, a meirande parte da súa colección de debuxos atópase no Albertina, tamén en Viena.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Egon Schiele |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benesch, Heinrich (1965). Mein Weg mit Egon Schiele. Nueva York: Verlag der Johannespresse.
- Nebehay, Christian (1980). Egon Schiele, Leben und Werk (en alemán). Salzburgo.
- Nebehay, Christian (1979). Egon Schiele 1890-1918, Leben-Briefe-Gedichte (en alemán). Salzburgo.
- Roessler, Arthur (1948). Erinnerungen an Egon Schiele (en alemán). Viena: Büchergilde Gutenberg.
- Schweiger, W.J (1983). Der junge Kokoschka. leben und Werk 1904-1908 (en alemán). Viena.
cita de Seligmann
- Silenzi, Marina (2009). "La constitución del Übermensch como el creador del mundo transvalorado. Una lectura desde la obra de Egon Schiele". Bahía Blanca: Universidad Nacional del Sur.
- Stefano, Eva di (1999). Klimt. Barcelona: Planeta-DeAgostini. ISBN 84-395-7442-8.
- Steiner, Reinhard (1992). Egon Schiele 1890-1918. Colonia: Benedikt Taschen. ISBN 3822802395.
- Suàrez, Alícia; Vidal, Mercè (1989). Historia Uniersal del Arte. El siglo XX. Volumen IX. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-8909-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Egon Schiele Pictorial Histories
- Egon Schiele en francés
- Egon Schiele. Pinturas Arquivado 21 de abril de 2018 en Wayback Machine.