Orión (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orion
Orion
Nome latino Orion
Abreviatura Ori
Xenitivo Orionis
Simboloxía Orión
Ascensión recta 5 h
Declinación
Área 594 graos cadrados

Rango 26º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

8
Estrela máis brillante Rigel (β Orionis)

(magnitude ap. 0,12)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +85° e −75°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xaneiro

clic para alonga-la imaxe
clic para alonga-la imaxe
Créditos: Mouser Williams

Orión,[1] o cazador, é unha constelación prominente, quizais a máis coñecida do ceo. As súas estrelas brillantes e visibles dende ambos hemisferios en inverno fan que esta constelación sexa recoñecida universalmente.

Orión atópase preto da constelación do río Eridanus e apoiado polos seus dous cans de caza Canis Major e Canis Minor loitando coa constelación de Taurus.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

Obxectos Notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

O Complexo de Nubes Moleculares de Orión é unha xigantesca estrutura de hidróxeno, po, plasma e estrelas nacentes que abarca a meirande parte da constelación. O complexo situado a unha distancia de 1.500 anos luz da Terra está formado por nebulosas de emisión, nebulosas de reflexión, nebulosas escuras e rexións HII. Destaca especialmente por ser unha rexión de intensa formación estelar e polas extraordinarias nebulosas que a forman:

Localizando outras estrelas[editar | editar a fonte]

Usando Orion para atopar estrelas nas constelación veciñas

Orión é moi útil para localizar outras estrelas. Estendendo a liña do cinto para o sueste, Sirius (α CMa) pode ser atopada; para o noroeste, Aldebaran (α Tau). Unha liña para o leste atravesando os ombreiros de Orión indican a dirección de Procyon (α CMi). Unha liña a partir de Rigel pasando a través de Betelgeuse apunta para Castor e Pollux (α Gem e β Gem). Adicionalmente, Rigel é parte do Círculo de Inverno. Sirius e Procyon, as cales poden ser atopadas dende Orión trazado liñas, tamén son puntos tanto dentro do Triángulo de Inverno coma do Círculo.[2]

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía grega, Orión, o gran cazador, fillo de Poseidón (Deus do Mar) e Euriale, era coñecido por liberar o mundo das bestas, e dicíase que era tan alto que podía cruzar o mar camiñando polo leito mariño sen perder pé. Porén, o seu poder, orgullo e prepotencia, convertérono nun ser presumido que afirmaba que ninguén podería derrotalo. Tal arrogancia despertou a ira da Deusa Hera, quen ordenou a Escorpión que o mordera no talón para ferilo de morte. Escorpión mordeulle e Orión matouno co seu garrote. Dende entón ámbolos dous son inimigos e ocupan posicións diametralmente opostas na bóveda celeste: cando Orión sae, Escorpión ocultase.

Noutra versión, Orión foi un xigante que naceu dos ouriños dos deuses Zeus, Poseidón e Hermes. Un día os deuses visitaron a un ancián chamado Hirieo que non podía ter fillos pero desexaba ter un. En agradecemento pola súa hospitalidade concederonlle-lo seu desexo: ouriñaron na pel do boi que tiña comido. Cando remataron dixéronlle que enterrara a pel e que dentro de nove meses tería ó seu fillo. Despois do prazo mencionado naceu un neno que foi chamado Orión en lembranza dos ouriños que o tiñan enxendrado.[3]

Existen máis versións do mito de Orión. Unha delas contase que Orión violara a Mérope, filla de Enopión, por este feito Enopión deixaría cego a Orión. Helios devolveríalle a vista e a continuación Orión converteuse en compañeiro de caza de Artemisa e Leto. Prometeu aniquilar todo animal que existise sobre a terra, polo que Gea enfadouse e fixo nacer un escorpión enorme que trabou a Orión e lle deu morte. Noutra versión foi Artemisa a que lanzou o escorpión contra Orión.[4]

Existe outra tradición que sostiña que Artemisa estaba namorada de Orión, feito que espertou os celos en Apolo, irmán xemelgo de Artemisa. Un día Apolo, vendo a Orión o lonxe, fixo unha aposta coa súa irmá a que non podía atinarlle cunha frecha ó animal (ou a un punto brillante lonxe no océano, noutra versión) que se movía ó lonxe dentro dun bosque (ou moi lonxe no mar). Artemisa lanzou a súa frecha e deu, coma sempre, no branco. Cando foi ver a súa presa, deuse conta de que matara ó seu amado Orión. Foi tan grande a súa tristura, os seus laios e malia que decidiu colocar a Orión no ceo para consolarse.[5]

Outra lenda conta que Orión acosaba ás Pléiades, fillas do titán Atlas, polo que Zeus colocounas no ceo. Aínda parece que, no ceo, Orión continúa perseguindo ás Pléiades.[6]

Orión está representado por un guerreiro alzando o seu arco, a súa espada ou garrote e cubríndose do inimigo cun vélaro ou escudo. Ó seu carón atópanse ós seus cans de caza: Canis Major e Canis Minor.

Na mitoloxía exipcia a constelación de Orion representaba ó deus Osiris.

Orión noutros contextos[editar | editar a fonte]

Na literatura fantástica de J. R. R. Tolkien, Orión é coñecido coma Menelgavor ou Menélmacar e representa xa sexa a Eonwë, heraldo dos deuses, ou a Túrin, un heroe tráxico no libro O Silmarillion.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. "Orion Constellation". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2010. Consultado o 23 de outubro de 2008. 
  3. Ovidio. Fastos v, 499.
  4. Eratóstenes. Catasterismos, xxxii.
  5. Hixino. Astronomía ii, 34, 3.
  6. Hixino. Astronomía ii, 21, 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]