Occitania (rexión administrativa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Occitania (rexión)»)
Occitania
Occitanie
Bandeira
Bandeira
Escudo
Escudo
BandeiraEscudo
EstadoFrancia Francia
CapitalTolosa
Cidade máis poboadaTolosa
Lingua oficialFrancés
Forma de gobernoRexión de Francia
Presidenta
Carole Delga (PS)
SuperficiePosto 2º
 • Total72 724 km2 km²
Costas0 km
PoboaciónPosto 5º
 • Total5 774 185 (2015) hab.
 • Densidade79,4 hab./km2 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.fr
Código ISOFR-OCC

Occitania (en francés: Occitanie, en occitano: Occitània, en catalán: Occitània)[1] é unha das 13 rexións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa. A súa capital e cidade máis poboada é Tolosa, mentres que a segunda cidade máis poboada da rexión, Montpellier, retén varias administracións.

No 2015 tiña 5 774 185 de habitantes e unha superficie de 72 724 km², sendo a segunda rexión máis extensa, por detrás de Nova Aquitania. Está localizada ó sueste do país, limitando ó norte con Auvernia-Ródano-Alpes, ó nordeste con Provenza-Alpes-Costa Azul, ó leste co golfo de León (mar Mediterráneo), ó sur con Andorra e España e ó oeste con Nova Aquitania.

Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos e entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2016.

Está dividida en 13 departamentos: Alta Garona, Altos Pireneos, Ariège, Aude, Aveyron, Gard, Gers, Hérault, Lot, Lozère, Pireneos Orientais, Tarn e Tarn e Garona.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A rexión tivo dende o 2014 ata mediados do 2016 o nome temporal de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos (en francés, Languedoc-Roussillon-Midi-Pyrénées) foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada dos nomes das antigas rexións de Languedoc-Rosellón e de Mediodía-Pireneos.

O 24 de xuño de 2016, xusto na data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional da rexión adoptou o nome de Occitania (en francés, Occitanie) despois dunha laga consulta pública. O nome procede da rexión histórica e lingüística de Occitania, máis grande que a nova rexión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Décret n° 2016-1264 du 28 septembre 2016 portant fixation du nom et du chef-lieu de la région Occitanie". JORF n°0227 (en francés). Secrétariat général du gouvernement. 29 de setembro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2016.