Canillo
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Andorra | ||||
| Capital | Canillo (en) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.781 (2023) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 121 km² | ||||
| Altitude | 1.526 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Q98688655 | Francesc Camp Torres (en) | ||||
| • Q98688669 | Q98688674 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | AD100 | ||||
| ISO 3166-2 | AD-02 | ||||
| Sitio web | canillo.ad | ||||
Canillo é unha parroquia de Andorra, a máis extensa das sete cunha superficie de 120,86 km² e a primeira por orde protocolaria. En 2011 tiña 4.826 habitantes. A pesar de ter vocación turística, a parroquia de Canillo conserva aínda moitos trazos gandeiros e agrícolas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia esténdese ao nordés do Principado sobre o eixo da val da Valira d'Encamp, e limita coas parroquias de Encamp ao sur, Ordino polo oeste e co departamento francés do Ariège ao norte e leste.
A súa altitude varía entre os 1.400 e os 2.913 metros sobre o nivel do mar. O clima é frío e seco, e a neve que cobre as cimas e montañas durante os meses de inverno fana unha parroquia na que se pode gozar plenamente do sol, a neve e a montaña.
Demografía
[editar | editar a fonte]
A parroquia de Canillo tiña unha poboación de 4.826 habitantes en 2011. Está constituída polos pobos e núcleos urbanos de Soldeu, el Tarter, Ransol, els Plans, l'Aldosa de Canillo, el Vilar, el Forn, Incles, Prats e Meritxell. Canillo é a capital, cun total de 2.186 habitantes (2009).
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Na parroquia de Canillo atópanse o Santuario da nosa Señora de Meritxell, patroa do Principado, a igrexa de Sant Joan de Caselles (edificio románico de finais do século XI, cuxo campanario é de estilo lombardo) e tamén o Palacio de Xeo de Andorra, con máis de 8.000 m². e unha pista de xeo de dimensións olímpicas.
Igualmente, en Canillo pode visitarse Grandvalira, a estación de esquí máis extensa de Andorra, na que a neve está garantida durante toda a tempada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canillo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)
