Saltar ao contido

La Massana

La Massana
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe de estado
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Contén división administrativa
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
11.591 (2023)
9.096 (2015)
9.318 (2016)
11.113 (2022)
10.750 (2021)
10.349 (2020)
10.174 (2019)
9.924 (2018)
9.628 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   65 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.230 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Coma Pedrosa Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postalAD400 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2804757 Editar o valor en Wikidata
VIAF129165792 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/043ws0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX461118
Wikidata C:Commons

La Massana é unha das sete parroquias que integran o territorio de Andorra. Atópase situada ao noroeste do país e cobre unha superficie de 65 km².

Características

[editar | editar a fonte]

A parroquia está formada por sete quarts ou entidades menores existentes nalgunhas parroquias: Pal, Arinsal, Erts, Sispony, Anyós, l'Aldosa e La Massana, que é a capital da parroquia. Ten tamén seis pequenos núcleos urbanos: o Pujol do Piu, Escàs, els Plans, o Mais de Ribafeta, Xixerella e o Pui.

Os ríos máis importantes da Massana son o Valira do Nord, o río de Pal e o río de Montaner. Os lagos (o de les Truites, els Forcats, Montmantell e o Negre), os bosques de piñeiros e abetos e os picos máis altos do país (o Comapedrosa -2.942 metros-, o Medecorba, o Racofred, o Pic do Plá de l'Estany e o Sanfonts) forman parte tamén da xeografía de espazos naturais desta parroquia.

A localidade de La Massana, ten 3.000 habitantes e é a capital parroquial. Atópase a uns cinco quilómetros de Andorra la Vella.

Aínda que case non conserva restos dun pasado dedicado en exclusividade á agricultura e a gandaría, aínda é posible atopar certa actividade gandeira e de cultivo da pataca e o tabaco. Na actualidade a actividade dos seus habitantes vira case exclusivamente en torno ao sector terciario (servizos), cunha gran variedade de establecementos hostaleiros, restaurantes, instalacións de lecer e deportivas.

Celebra a súa Festa do Roser o segundo domingo do mes de xullo e a súa Festa Maior o 15 de agosto.