Xosé Núñez Búa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Núñez Búa")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xosé Núñez Búa
Nacemento 1903
  Tenorio
Falecemento xaneiro de 1981
  La Plata
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Núñez Búa, nado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) en 1903 e finado en La Plata en xaneiro de 1981,[1] foi un intelectual galego no exilio arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Impartía docencia no colexio Labor de Vigo. Membro do Seminario de Estudos Galegos, foi colaborador da revista Nós, Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, foi presidente do Grupo Galeguista de Vigo, era concelleiro e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero conseguiu fuxir e exiliouse na Arxentina. Implicado no mundo cultural galego do exilio, foi un dos fundadores da revista Galicia Libre e un dos promotores do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Colaborador da revista Galicia Emigrante, unha parte dos seus artigos foron recompilados no libro Revoeira en 1971.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Revoeira, 1971.
  • Vida e paixón de Castelao, 1986.
  • Escolma de textos con Galiza ao fondo, 1986.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 21-1-1981, p. 39.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]