Saltar ao contido

Rogelio Núñez de Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRogelio Núñez de Couto
Biografía
Nacemento1864 Editar o valor en Wikidata
Tenorio Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ourense
1936 – 1936
 Santos Fernández FueyoManuel Suárez Castro 
Alcalde de Ourense
1922 – 1923
 Alfonso Junquera DevesaAlfonso Junquera Devesa  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca (–1899) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel Núñez Búa, Xosé Núñez Búa Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoaquín Núñez de Couto Editar o valor en Wikidata

Rogelio Núñez de Couto, nado en Tenorio (Cotobade) cara a 1864 e finado en Ourense o 4 de marzo de 1937, foi un profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño de Manuel Ángel Couto e irmán de Joaquín Núñez de Couto. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca (1899).[1] Foi nomeado oficial da Sección de Instrución Pública da provincia de Ourense en 1902.[2] Creou co seu irmán Joaquín o colexio León XIII de Ourense e despois de Vilagarcía. Foi profesor axudante e logo auxiliar de letras do Instituto de Ourense (1904) e logo catedrático do mesmo instituto. Dirixiu o Boletin del Magisterio de Ourense. Militante do Partido Liberal, foi alcalde de Ourense de 1922 a 1923. Logo da proclamación da Segunda República xunto con outros antigos militantes liberais, ingresou no Partido Republicano a finais de abril de 1931.[3] Logo militou no Partido Radical, foi nomeado concelleiro polo gobernador civil en novembro de 1935,[4] e volveu ser nomeado alcalde de Ourense en xaneiro de 1936. Finou en Ourense o 4 de marzo de 1937 con 72 anos.[5][6]

  • Nociones de Derecho, 1912.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias con Eduarda Búa, e foi pai de Xosé e de Manuel Núñez Búa. Casou en segundas nupcias con Trinidad Frutos Fernández.

  1. Diario de Pontevedra, 31-9-1899, p. 2.
  2. La Correspondencia Gallega, 4-12-1902, p. 2.
  3. El Progreso, 24-4-1931, p. 1.
  4. El Pueblo gallego, 12-11-1935, p. 15.
  5. La Región, 5-3-1937, p. 2.
  6. Diario de Pontevedra, 6-3-1937, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Alfonso Junquera Devesa
 
Alcalde de Ourense
 
1922 - 1923
Sucesor:
Alfonso Junquera Devesa
Predecesor:
Santos Fernández Fueyo
 
Alcalde de Ourense
 
1936
Sucesor:
Manuel Suárez Castro