Moisés Barcia Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Moisés Rodríguez Barcia")

Moisés Barcia Rodríguez, nado en Moaña o 3 de abril de 1971, é un tradutor e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Verteu tanto obras de ficción como de ensaio a galego dende linguas tal que inglés, francés, italiano ou castelán. Destacan as súas traducións para Xerais e Editorial Galaxia, por exemplo O señor dos aneis[1], O Hobbit ou Oliver Twist, así como aquelas publicadas en Rinoceronte editora, empresa que dirixe dende a súa sede en Cangas.

Obras en galego[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Leccións americanas: seis propostas para o vindeiro milenio, de Italo Calvino, 1999, Kalandraka.
  • A derradeira bágoa, de Stefano Benni, 2000, Laiovento.
  • O hobbit, de J. R. R. Tolkien, 2000, Xerais.
  • O señor dos aneis, 2001-2002, de J. R. R. Tolkien, Xerais.
  • A marabillosa medicina de George, de Roald Dahl, 2004, Xerais.
  • A cidade en chamas, de Ariel e Joaquín Dorfman, 2005, Xerais.
  • O portal dos elfos, de Herbie Brennan, 2005, Xerais.
  • Decamerón, de Giovanni Boccaccio, 2006, Xunta de Galicia.
  • O emperador púrpura, de Herbie Brennan, 2006, Xerais.
  • Oliver Twist ou O progreso dun neno de hospicio, de Charles Dickens, 2006, Galaxia.
  • Novelino, 2007, Rinoceronte.
  • O reino en perigo, de Herbie Brennan, 2007, Xerais.
  • O curioso incidente do can á media noite, de Mark Haddon, 2008, Rinoceronte.
  • Deshonra, de J. M. Coetzee, 2008, Rinoceronte.
  • As leis fundamentais da estupidez humana, de Carlo Maria Cipolla, 2009, Rinoceronte.
  • Poesías do desamor e outras poesías dispersas, de Cesare Pavese, 2009, Rinoceronte.
  • Unha lectora fóra do común, de Alan Bennett, 2010, Rinoceronte.
  • O nacionalismo lingüístico, de Juan Carlos Moreno Cabrera, 2010, Morgante.
  • Senectude, de Italo Svevo, 2010, Rinoceronte.
  • Nova gramática finesa, de Diego Marani, 2014, Rinoceronte.
  • O cuarto de invitados, de Helen Garner, 2015, Rinoceronte.
  • Os papacalcetíns, de Pavel Šrut e Galina Miklínová, 2015, Sushi Books.
  • Cabeza de can, de Morten Ramsland, 2016, Rinoceronte.
  • Outras estrelas uruguaias, de Stefano Marelli, 2016, Rinoceronte.
  • Bechos e demais parentes, de Gerald Durrell, 2016, Rinoceronte.
  • O xardín dos deuses, de Gerald Durrell, 2016, Rinoceronte.
  • As almas grises, de Philippe Claudel, 2016, Rinoceronte.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Manu Chao: música e liberdade, de Alessandro Robecchi, 2001, Xerais. Cotradutor con Cristina González Piñeiro.
  • Dicionario fraseolóxico castelán galego e de correspondencias galego castelán, 2007, Galaxia.

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]