Juan Carlos Moreno Cabrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Carlos Moreno Cabrera
Juan Carlos Moreno Cabrera.jpg
Nacemento1956
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncatedrático de universidade e profesor
PremiosPremi Internacional Ramon Llull
editar datos en Wikidata ]

Juan Carlos Moreno Cabrera, nado en Madrid en 1956, é un lingüista español, concienciado coa diversidade lingüística e como tal denunciante do centralismo e o nacionalismo lingüístico.

No ámbito académico español, é un dos referentes á hora de denunciar[1] a discriminación lingüística que sofren as restantes linguas ibéricas fronte ao español, con diversos ensaios a ese respecto:

O españolismo lingüístico é un conxunto de ideas e de argumentos que tentan xustificar o predominio do español sobre outras linguas recorrendo a supostas vantaxes gramaticais, lingüísticas e sociolingüísticas desta lingua respecto dos demais idiomas de España e América hispana. Trátase de ocultar e correr unha cortina de fume sobre a política de imposición forzada ou consentida do español, que é a que explica a súa expansión e a marxinación ou minorización das linguas que están en contacto con ela.[2]
O español é o único nacionalismo lingüístico que existe en España.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É catedrático de Lingüística Xeral á Universidade Autónoma de Madrid. Publicou varios artigos sobre a situación da diversidade lingüística mundial e formou parte do comité científico do Informe sobre as Linguas do Mundo da Unesco. Destaca pola súa posición política en oposición ao uso da lingua castelá nos territorios bilingües do Estado español.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista co persoeiro recollida na páxina web da Fundeu e realizada por Concha Lago para noticiasdegipuzkoa.com (en castelán).
  2. Entrevista a Moreno Cabrera con ocasión da publicación de Errores y horrores del español lingüístico (en castelán).
  3. Entrevista, Faro de Vigo, 21 de maio de 2019 (en castelán).
  4. Traducido por Moisés Barcia e publicada por Edicións Morgante en 2010.
  5. Moreno Cabrera: «El español no es superior a ninguna otra lengua», La Nueva España, 6 de xuño de 2008 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]