Julian Barnes
Julian Barnes | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Dan Kavanagh |
Nacemento | 19 de xaneiro de 1946 |
Lugar de nacemento | Leicester |
Nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Agnosticismo |
Alma máter | Magdalen College e City of London School |
Ocupación | escritor, tradutor, novelista, ensaísta, crítico literario, escritor de ciencia ficción e xornalista |
Cónxuxe | Pat Kavanagh |
Coñecido por | O sentido de um fim |
Premios | Geoffrey Faber Memorial Prize, Prémio Médicis ensaio, Premio Femina étranger, E. M. Forster Award, Prémio Shakespeare, Prémio Man Booker, Siegfried Lenz Prize, Europese Literatuurprijs, Commandeur des Arts et des Lettres, Austrian State Prize for European Literature, Oficial das Artes e das Letras, cabaleiro da orde das Artes e as Letras e Prémio Somerset Maugham |
Na rede | |
http://www.julianbarnes.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Julian Patrick Barnes, nado en Leicester o 19 de xaneiro de 1946, é un escritor contemporáneo inglés. As súas novelas e relatos foron vistos como exemplos de literatura posmoderna.
Gañou o Premio Booker - un dos máis prestixiosos en lingua inglesa- no ano 2011 por The Sense of An Ending e foi tres veces finalista dese mesmo premio con Flaubert's Parrot (1984), England, England (1998), e Arthur & George (2005).
Arthur & George (2005), The Sense of An Ending (2011) e The Noise of Time (2018) foron verquidas a galego e publicadas en Rinoceronte Editora: Arthur e George (2006), O sentido dun final (2012), O ruído do tempo (2020). As dúas primeiras foron traducidas por Xesús Fraga e última por Moisés Barcia.
É autor de novela policial baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de estudar na City of London School e no Magdalen College de Oxford, traballou como lexicógrafo para o Oxford English Dictionary. Con posterioridade, traballou como editor literario e crítico de cine.
Vive coa súa muller nas aforas de Londres, onde agora se dedica a escribir a tempo completo. O seu irmán, Jonathan Barnes é un filósofo especializado en filosofía antiga.
A súa axente literaria é Pat Kavanagh, que tamén fixo durante certo tempo de axente do seu amigo de outrora Martin Amis.
Obras[editar | editar a fonte]
A última novela publicada por Barnes, The Only Story, saíu do prelo o 1 de febreiro de 2018.
A listaxe completa de obras ofrécese a seguir. A menos que se especifique o contrario deben considerarse novelas.
- Metroland (1980)
- Before She Met Me (1982)
- Flaubert's Parrot (1984)
- Staring at the Sun (1986)
- A History of the World in 10½ Chapters (1989)
- Talking it Over (1991)
- The Porcupine (1992)
- Letters from London (1995) — (xornalismo publicado en The New Yorker)
- Picador, London, ISBN 0-330-34116-2
- Cross Channel (1996) — (relatos breves)
- England, England (1998)
- Love, Etc. (2000)
- Something to Declare (2002) — (ensaios)
- The Pedant in the Kitchen (2003) — (xornalismo culinario)
- The Lemon Table (2004) — (relatos breves)
- Arthur & George (2005). Versión en galego, Arthur e George, de Xesús Fraga publicada en 2006 en Rinoceronte Editora.
- The Sense of An Ending (2011). Premio Booker 2011. Versión en galego, O sentido dun final, de Xesús Fraga publicada en 2012 en Rinoceronte Editora.
- The Noise of Time (2016). Versión en galego, O ruído do tempo, de Moisés Barcia publicada en 2020 en Rinoceronte Editora.
- The Only Story (2018)
Obras baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh[editar | editar a fonte]
- Duffy (1980)
- Fiddle City (1981)
- Putting the Boot In (1985)
- Going to the Dogs (1987)