A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey
Título orixinalThe Guernsey Literary and Potato Peel Pie Society
Autor/aMary Ann Shaffer
Annie Barrows
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
ColecciónNova
Tema(s)Narrativa
Xénero(s)novela histórica e romance epistolar
EditorialFlag of the United States.svg Dial Press
Galicia Rinoceronte[1]
Data de pub.Flag of the United States.svg 2008
Galicia 2016
Páxinas280
ISBNISBN 978-84-92866-80-9
TraduciónMoisés Barcia
editar datos en Wikidata ]

A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey (en inglés: The Guernsey Literary and Potato Peel Pie Society) é unha novela histórica de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows publicada en 2008.[2][3] En 2016 foi traducida ao galego pola editorial Rinoceronte. O libro está ambientado en 1946 e é unha novela epistolar, composta de cartas que os personaxes escriben uns aos outros.

En 2018 fíxose unha adaptación cinematográfica na que Lily James fixo o papel protagonista de Juliet Ashton.

Argumento[editar | editar a fonte]

Entre o 8 de xaneiro e o 17 de setembro de 1946 hai un denso intercambio de cartas entre numerosos personaxes, entre os que van xurdindo gradualmente os principais: Juliet Ashton, unha nova escritora de certo éxito e un pequeno grupo de habitantes da illa de Guernsey. A historia que se desenvolve refírese á experiencia vivida polos habitantes da illa durante a Segunda guerra mundial, cando os alemáns ocuparon a illa como posible ponte para a invasión de Inglaterra. Os habitantes tiveron que sufrir unha grave privación material e moral. Evitouse todo contacto con Gran Bretaña, onde todos os nenos foran transportados para estaren a salvo antes da chegada dos alemáns. A pesar da pobreza e tristeza das súas vidas, con todo, aos insulares non lles faltaron momentos de alivio e ledicia, grazas sobre todo á imaxinación e xenerosidade de Elizabeth McKenna, que creou a Sociedade Literaria como pretexto para explicar por que ela e outros tres amigos estaban fóra das súas casas despois do toque de queda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. rinoceronte.gal (ed.). "A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey". Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  2. Randomhouse.com (ed.). "The Guernsey Literary and Potato Peel Pie Society » Authors". Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  3. Laura Thompson (30 de agosto de 2008). "Review: The Guernsey Literary and Potato Peel Pie Society by Mary Ann Shaffer". The Daily Telegraph. Londres. Consultado o 11 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]