Joël Egloff
Joël Egloff | |
---|---|
Nacemento | 1970 |
Lugar de nacemento | Mosela |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | escritor e guionista |
Premios | Prix du Livre Inter |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joël Egloff, nado no ano 1970 no departamento de Mosela, é un guionista e escritor francés que vive en Metz.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de rematar o bacharelato de letras en 1988 no instituto J.-V. Poncelet de Saint-Avold, Egloff continuou os seus estudos de historia en Estrasburgo e máis tarde matriculouse na escola de cinema ESEC (École supérieure libre d’études cinématographiques) en París.
Escribiu guións e traballou como axudante de dirección. Tamén é autor de cinco novelas, incluíndo L'Étourdissement, pola que obtivo o Premio do Libro Inter no ano 2005.
Na súa obra L’Homme que l’on prenait pour un autre (Buchet-Chastel, 2008) combina poesía e humor negro. En 2017, a súa primeira novela, Edmond Ganglion & fils foi adaptada para o cinema baixo o título de Grand Froid, por Gérard Pautonnier.
Obra[editar | editar a fonte]
Novelas[editar | editar a fonte]
- Edmond Ganglionares & fils (1999)
- Ce que je fais là assis par terre (2003)
- L'Étourdissement (2004)
- L’Homme que l’on prenait pour un autre (2008)
- J’enquête (2016)
Relato curto[editar | editar a fonte]
- Coleccións de relatos curtos
- Os asollados (2000)[1]
- Libellules (2012)
- Relatos curtos
- "Ta maison, l’assurance te la remboursera". Le Figaro littéraire (20 de xullo de 2007)
- "La Grande Réparation". Bienvenue en Transylvanie : neuf histoires de vampires antoloxía. París: Points n° 2971, 02/2013, p. 127-141. (ISBN 978-2-7578-3287-5)
Limiar[editar | editar a fonte]
- La Source de Hubert Mingarelli
Premios e galardóns[editar | editar a fonte]
- 1999: Premio Alain-Fournier por Edmond Ganglion & fils.
- 2000: Premio Erckmann-Chatrian por Os asollados.
- 2004: Gran premio do humor negro por Ce que je fais là assis par terre.
- 2005: Premio do Libro Inter e Premio dos libreiros á novela Édouard-Leclerc por L'Étourdissement.
- 2012: Gran premio da SGDL por Libellules.
Adaptacións das súas obras[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- 2007: Les Ensoleillés
- 2014: L’Étourdissement
Longametraxe[editar | editar a fonte]
- 2017: Grand Froid, baseada na novela Edmond Ganglion & fils.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ rinoceronte.gal (ed.). "Os asollados". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía crítica[editar | editar a fonte]
- Crónicas
- FERNIOT, Christine. « Étourdis et confus ». Télérama, 12 janvier 2008, n° 3026.
- FILLON, Alexandre. « Un autre monde ». Livres hebdo, 23 de novembro de 2007, n° 711, p. 39.
- Entrevistas
- LABAT, Julien. « L’art de l’absurde ». Page des libraires, janvier-février 2008, n° 118, p. 24.