Merlí
Merlí | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Héctor Lozano[1] |
Dirixido por | Eduard Cortés |
Intérpretes | Francesc Orella Pere Ponce Pau Durà Mar del Hoyo David Solans Adrian Grösser Candela Antón de Vez Albert Baró Marcos Franz Júlia Creus Pau Poch Carlos Cuevas Elisabet Casanovas Anna M. Barbany Marta Marco Ferrán Rañé Anna Barrachina Boris Ruiz Pepa López Victòria Pagès Asunción Balaguer |
Lingua(s) | Catalán |
Temporadas | 3 |
Episodios | 40 (Lista de episodios) |
Produción | |
Localización(s) | Cataluña |
Duración | 50 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TV3 |
Primeiro episodio | 14 de setembro de 2015 |
Derradeiro episodio | 15 de xaneiro de 2018 |
Na rede | |
https://www.ccma.cat/tv3/merli/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Merlí é unha serie de televisión de TV3 que se emitiu entre 2015 e 2018. O seu protagonista é Merlí Bergeron, un profesor de filosofía que estimula o seu alumnado a pensar libremente. O seu estilo, a través duns métodos pouco ortodoxos, dividirá as opinións da clase, do profesorado e das familias.[2]
Cunha certa influencia de películas como Dead Poets Society, con Merlí os creadores procuran facer máis próxima a filosofía a todos os públicos. Cada episodio trata o pensamento dalgún gran filósofo ou escola, como a escola peripatética, Friedrich Nietzsche ou Arthur Schopenhauer, pensamento ligado coa trama do episodio.[3]
A serie consta de 40 episodios que levan por título o nome de cadanseu filósofo.[4] Creada e escrita por Héctor Lozano e dirixida por Eduard Cortés, estreouse na TV3[5] o 14 de setembro de 2015 en horario de máxima audiencia e acadou unha audiencia do 17,7% con 566 000 espectadores.[6] Nos seguintes episodios destacou como un dos éxitos televisivos da tempada, líder de audiencia na súa franxa horaria. Acadou tamén unha cifra importante de visualizacións por Internet.[7]
A serie foi dobrada ao castelán polo grupo Atresmedia, que mercou os dereitos da serie en novembro de 2015.[8] A escala internacional, Netflix mercou a primeira tempada da serie en novembro de 2016 para emitila en Suramérica e nos Estados Unidos.[9] Estreouse dobrada en galego na TVG2 o 14 de xaneiro de 2023,[10] dispoñible tamén a través da páxina web da CRTVG.[11]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de personaxes de Merlí.
Alumnos
[editar | editar a fonte]- David Solans - Bruno Bergeron, fillo de Merlí
- Carlos Cuevas - Pol Rubio
- Candela Antón de Vez - Berta Prats García
- Albert Baró - Joan Capdevila Bonet
- Adrian Grösser - Marc Vilaseca
- Marcos Franz - Gerard Piguillem Castells
- Pau Poch - Ivan Blasco
- Elisabet Casanovas - Tània Illa
- Júlia Creus - Mònica de Villamore
- Iñaki Mur - Oliver Grau
- Laia Manzanares - Oksana Casanoves
- Cristina Colom - Diana
- Clàudia Puntí - Laura
- Pol Hermoso - Uri
- Marc Arias - Xavi
Profesores
[editar | editar a fonte]- Francesc Orella - Merlí Bergeron Calduch, profesor de filosofía e pai de Bruno
- Pere Ponce - Eugeni Bosch, profesor de lingua catalá e xefe de estudos
- Pau Durà - Toni, director do Instituto Àngel Guimerà
- Pep Jové - Santi, profesor de lingua castelá e home de Glòria
- Assun Planas - Glòria, muller de Santi e profesora de debuxo técnico e plástica
- Patrícia Bargalló - Mireia, profesora de latín
- Mar del Hoyo - Laia, profesora de inglés
- Rubén de Eguía - Albert, profesor de educación física
- Pepa López - Coralina, nova xefa de estudos
- Ferran Rañé - Manuel Millán, novo profesor de lingua castelá
- Sandra Monclús - Elisenda, nova profesora de inglés
- Carlota Olcina - Silvana, nova profesora de historia
- Pau Vinyals - Gabi Morales, novo profesor de literatura
- Manel Barceló - Quima, profesora substituta de inglés
Familiares
[editar | editar a fonte]- Ana María Barbany - Carmina Calduch, nai de Merlí e avoa de Bruno
- Marta Marco - Gina Castells, nai de Gerard
- Jordi Martínez - Jaume Capdevila, pai de Joan
- Victòria Pagès - Aurèlia Bonet, nai de Joan
- Anna Ycobalzeta - Míriam Blasco, nai de Ivan
- Marta Domingo - Elsa García, nai de Berta
- Oriol Pla - Òscar Rubio, irmán de Pol
- Carlos Vicente - Enric Grau, pai de Oliver
- Boris Ruiz - Alfonso Rubio, pai de Pol e Òscar
- Anna Barrachina - Lídia, nai de Marc e Pau Vilaseca
- León Martínez - Pau Vilaseca, irmán máis novo de Marc
- Cristina Genebat - Anna, nai de Oliver
- Isaac Alcayde - Ricard Vilaseca, pai de Marc e Pau
- Elena Vilaplana - Júlia, nai de Tània
Coa colaboración especial de
[editar | editar a fonte]- Marta Calvó - Bàrbara, nai de Bruno e exmuller de Merlí
- Asunción Balaguer - avoa da familia Rubio
Cronoloxía dos personaxes principais
[editar | editar a fonte]Actor / Actriz | Personaxe | Tempada | ||
---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||
Francesc Orella | Merlí Bergeron Calduch | Principal | ||
Pere Ponce | Eugeni Bosch | Principal | ||
Carlos Cuevas | Pol Rubio | Principal | ||
Candela Antón | Berta Prats García | Principal | ||
Albert Baró | Joan Capdevila | Principal | ||
Adrián Grösser | Marc Vilaseca | Principal | ||
Marcos Franz | Gerard Piguillem | Principal | ||
Pau Poch | Ivan Blasco | Principal | ||
Elisabet Casanovas | Tània Illa | Principal | ||
Júlia Creus | Mònica de Villamore | Principal | ||
Marta Marco | Gina Castells | Principal | ||
David Solans | Bruno Bergeron | Principal | Co-Principal | |
Ana María Barbany | Carmina Calduch | Principal | Co-Principal | |
Pau Durá | Toni | Principal | Co-Principal | |
Iñaki Mur | Oliver Grau | Co-Principal | Principal | |
Laia Manzanares | Oksana Casanoves | Principal | ||
Pepa López | Coralina | Principal | ||
Carlota Olcina | Silvana | Principal |
Cronoloxía dos personaxes secundarios e recorrentes
[editar | editar a fonte]Actor / Actriz | Personaxe | Tempada | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
Assun Planas | Glòria | Secundario | ||||
Patrícia Bargalló | Mireia | Secundario | ||||
Pep Jové | Santi | Secundario | ||||
Mar del Hoyo | Laia | Secundario | ||||
Rubén de Eguía | Albert | Secundario | ||||
Jordi Martínez | Jaume Capdevila | Recorrente | ||||
Victòria Pagès | Aurèlia Bonet | Recorrente | ||||
Anna Ycobalzeta | Míriam Blasco | Recorrente | ||||
Oriol Pla | Òscar Rubio | Recorrente | ||||
Marta Domingo | Elsa García | Recorrente | Convidado | |||
Carlos Vicente | Enric Grau | Convidado | Recorrente | |||
Sandra Monclús | Elisenda | Recorrente | Secundario | |||
Boris Ruiz | Alfonso Rubio | Recorrente | ||||
León Martínez | Pau Vilaseca | Recorrente | ||||
Anna Barrachina | Lìdia | Recorrente | ||||
Ferrán Rañé | Manuel Millán | Recorrente | ||||
Cristina Genebat | Anna | Recorrente | ||||
Manel Barceló | Quima | Convidado | Recorrente | |||
Isaac Alcayde | Ricard Vilaseca | Convidado | Recorrente | |||
Pep Ferrer | Jordi Pujol | Convidado | Recorrente | |||
Pau Vinyals | Gabi Morales | Secundario | ||||
Elena Vilaplana | Júlia | Recorrente | ||||
Betsy Túrnez | Encarna | Recorrente | ||||
Nao Albet | Efra | Recorrente | ||||
Martina Borràs | Merlina | Convidado | ||||
Sergio Rivera | Germán | Convidado |
Capítulos e audiencias
[editar | editar a fonte]Tempada | Capítulos | Data de emisión | Audiencia | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Comezo | Fin | Espectadores | Share | |||
1 | 13 | 14 de setembro de 2015 | 7 de decembro de 2015 | 561 000 | 18,3% | |
2 | 13 | 19 de setembro de 2016 | 12 de decembro de 2016 | 513 000 | 19,5% | |
3 | 14 | 18 de setembro de 2017 | 15 de xaneiro de 2018 | 538 000 | 17,7% | |
Total | 40 | 14 de setembro de 2015 | 15 de xaneiro de 2018 | 529 000 | 18,4% |
Tempada 1 (2015)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de episodios de Merlí.
Núm. Prog. |
Título | Dirección | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|---|
1 | Els peripatètics | Eduard Cortés | 14 de setembro de 2015 | 566 000 | 17,7% |
2 | Plató | Eduard Cortés | 21 de setembro de 2015 | 544 000 | 17,2% |
3 | Maquiavel | Eduard Cortés | 28 de setembro de 2015 | 556 000 | 16,7% |
4 | Aristòtil | Eduard Cortés | 5 de outubro de 2015 | 591 000 | 19,3% |
5 | Sòcrates | Eduard Cortés | 12 de outubro de 2015 | 559 000 | 18,8% |
6 | Schopenhauer | Eduard Cortés | 19 de outubro de 2015 | 538 000 | 17% |
7 | Foucault | Eduard Cortés | 26 de outubro de 2015 | 459 000 | 15,2% |
8 | Guy Debord | Eduard Cortés | 2 de novembro de 2015 | 555 000 | 19,1% |
9 | Epicur | Eduard Cortés | 9 de novembro de 2015 | 559 000 | 18,3% |
10 | Els escèptics | Eduard Cortés | 16 de novembro de 2015 | 577 000 | 19,6% |
11 | Els sofistes | Eduard Cortés | 23 de novembro de 2015 | 610 000 | 20,5% |
12 | Hume | Eduard Cortés | 30 de novembro de 2015 | 592 000 | 19,9% |
13 | Nietzsche | Eduard Cortés | 7 de decembro de 2015 | 591 000 | 19,4% |
Tempada 2 (2016)
[editar | editar a fonte]Núm. Prog. |
Título | Dirección | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|---|
1 | Els presocràtics | Eduard Cortés | 19 de setembro de 2016 | 577 000 | 22,5% |
2 | Thomas Hobbes | Eduard Cortés | 26 de setembro de 2016 | 527 000 | 22,5% |
3 | Els estoics | Eduard Cortés | 3 de outubro de 2016 | 559 000 | 21,3% |
4 | Kant | Eduard Cortés | 10 de outubro de 2016 | 511 000 | 19,1% |
5 | Hipàrquia | Eduard Cortés | 17 de outubro de 2016 | 524 000 | 18,8% |
6 | Montaigne | Eduard Cortés | 24 de outubro de 2016 | 461 000 | 17,8% |
7 | Judith Butler | Eduard Cortés | 31 de outubro de 2016 | 308 000 | 13,1% |
8 | Freud | Eduard Cortés | 7 de novembro de 2016 | 541 000 | 19,8% |
9 | Descartes | Eduard Cortés | 14 de novembro de 2016 | 531 000 | 19,6% |
10 | Engels | Eduard Cortés | 21 de novembro de 2016 | 578 000 | 22,3% |
11 | Zizek | Eduard Cortés | 28 de novembro de 2016 | 562 000 | 20,2% |
12 | El taoisme | Eduard Cortés | 5 de decembro de 2016 | 389 000 | 15,2% |
13 | Boeci | Eduard Cortés | 12 de decembro de 2016 | 599 000 | 21,1% |
Tempada 3 (2017)
[editar | editar a fonte]Núm. Prog. |
Título | Dirección | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|---|
1 | Walter Benjamin | Eduard Cortés | 18 de setembro de 2017 | 510 000 | 17,4% |
2 | Adam Smith | Eduard Cortés | 25 de setembro de 2017 | 449 000 | 18,3% |
3 | Albert Camus | Eduard Cortés | 2 de outubro de 2017 | 528 000 | 16,5% |
4 | Karl Marx | Eduard Cortés | 9 de outubro de 2017 | 456 000 | 15,4% |
5 | Hannah Arendt | Eduard Cortés | 23 de outubro de 2017 | 496 000 | 16,4% |
6 | Kierkegaard | Eduard Cortés | 30 de outubro de 2017 | 530 000 | 18,5% |
7 | Thoreau | Eduard Cortés | 6 de novembro de 2017 | 507 000 | 17,6% |
8 | Plotí | Eduard Cortés | 13 de novembro de 2017 | 530 000 | 18% |
9 | Zygmunt Bauman | Eduard Cortés | 20 de novembro de 2017 | 491 000 | 16,2% |
10 | Heidegger | Eduard Cortés | 27 de novembro de 2017 | 468 000 | 15,8% |
11 | Hegel | Eduard Cortés | 4 de decembro de 2017 | 598 000 | 19,5% |
12 | Sant Agustí | Eduard Cortés | 11 de decembro de 2017 | 437 000 | 15,4% |
13 | Els Peripatètics del segle XXI | Eduard Cortés | 8 de xaneiro de 2018 | 542 000 | 17,4% |
14 | Merlí Bergeron | Eduard Cortés | 15 de xaneiro de 2018 | 693 000 | 23,6% |
Merlinari
[editar | editar a fonte]Programa | Título | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
1 | La foto | 18 de setembro de 2017 | 209 000 | 8,6% |
2 | La cuina | 25 de setembro de 2017 | ||
3 | El suïcidi | 2 de outubro de 2017 | ||
4 | La baralla | 9 de outubro de 2017 | 7,7% | |
5 | La bronca | 23 de outubro de 2017 | 239 000 | 9,4% |
6 | El brot | 30 de outubro de 2017 | 194 000 | 8,8% |
7 | El boicot | 6 de novembro de 2017 | ||
8 | La bellesa | 13 de novembro de 2017 | ||
9 | Els leprosos | 20 de novembro de 2017 | ||
10 | El campanar | 27 de novembro de 2017 | ||
11 | La seducció | 4 de decembro de 2017 | ||
12 | Els profes | 11 de decembro de 2017 | ||
13 | La gamba | 8 de xaneiro de 2018 | 222 000 | 8,7% |
14 | El comiat | 15 de xaneiro de 2018 | 246 000 | 12,9% |
Episodios especiais
[editar | editar a fonte]Título | Dirección | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
Merlinades: el 'making of'[12] | Héctor Lozano | 14 de decembro de 2015 | 464 000 | 15,8% |
La nit de Merlí[13] | Espartac Peran e Ana Boadas | 19 de decembro de 2016 | 323 000 | 12,7% |
La nit de Merlí | Candela Figueras e Mireia Mallol | 15 de xaneiro de 2018 | 699 000 | 21,1% |
Merlí: Sapere Aude
[editar | editar a fonte]En decembro de 2018 fíxose oficial a gravación dun spin-off, Merlí: Sapere aude, protagonizado por Pol Rubio (Carlos Cuevas). A serie, en colaboración entre Movistar+ e a TV3, estreouse en exclusiva na plataforma de pagamento en decembro de 2019. Foi emitida posteriormente pola canle pública da televisión de Cataluña.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Albert Castellví Roca, ed. (06 de xuño de 2015). "Francesc Orella serà ‘Merlí’ a la pròxima sèrie de TV3". ARA. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ EFE , ed. (6 de xuño de 2015). "TV3 rueda la serie "Merlí", que busca acercar la filosofía a los jóvenes ". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ Pau Rodríguez, ed. (9 de setembro de 2015). "Merlí: aquest és el professor de filosofia que es colarà al ‘prime time’ de TV3". El diari de l'educació. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ Olga Lerín, ed. (14 de setembro de 2015). "Les classes de filosofia de 'Merlí' arriben a TV-3". El Periódico de Catalunya. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ "TV3 - Televisió de Catalunya". TV3. Consultado o 7 de maio de 2019.
- ↑ David, ed. (15 de setembro de 2015). "Datos Audiencia 14 de setembre de 2015". Focusmedia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ Gemma Busquets, ed. (18 de outubro de 2015). "‘Merlí', l'èxit de la temporada de TV3". El Punt Avui (en catalán). Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ Diari Ara, ed. (06 de novembro de 2015). "Atresmedia emetrà en castellà les sèries de TV3 ‘Merlí’ i ‘Cites’" (en catalán). Consultado o 02 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Netflix compra els drets de ‘Merlí’". Ara.cat.
- ↑ somosculturagal, ed. (4 de xaneiro de 2023). "Merlí en galego na TVG2". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Merlí na TVG". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ El Periódico (ed.). "'Merlí' cierra el curso con la emoción a flor de piel" (en castelán). Consultado o 09 de decembro de 2015.
- ↑ Emporda.info, ed. (12 de decembro de 2016). "'La nit de Merlí' arriba a la pantalla el 19 de desembre".
- ↑ Diari ARA (ed.). "Spin-off "Merlí - Sapere Aude"" (en catalán). Consultado o 12 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web da serie (en catalán)