Elisabet Casanovas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elisabet Casanovas
Nome completoElisabet Casanovas i Torruella
Nacemento15 de decembro de 1994
LugarSabadell
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm7107258 Twitter: ElisabetCT Instagram: elisabetct Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Elisabet Casanovas i Torruella, nada en Sabadell o 15 de decembro de 1994, é unha actriz catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É coñecida principalmente polo seu papel na serie de televisión Merlí, na que interpreta o personaxe de Tània Illa, unha adolescente de bacharelato humanístico.[1] Presentou as badaladas de fin de ano da Televisió de Catalunya do ano 2017 co tamén actor Carlos Cuevas.[2] Participou tamén na serie da TV3 Benvinguts a la família co papel de Paula, a moza de Fran.

Traballou en obras de teatro como La Tendresa e El fantasma de Canterville, así como no monólogo Kassandra, na que se pon na pel dunha muller refuxiada transexual que se prostitúe na Europa actual, con trasfondo na guerra de Troia.[3][4]

No ano 2020 protagonizou a comedia romántica Drama, unha produción de RTVE coa colaboración de El Terrat e baixo a dirección de Ginesta Guindal.[5]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Serie Canle Personaxe Notas
2014 Imberbe YouTube Violeta 2 capítulos
2015 - 2018 Merlí TV3 Tània Illa 40 capítulos
2018 - 2019 Benvinguts a la família TV3 Paula 6 capítulos
2020 Drama Playz Àfrica 6 capítulos

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Programa Canle Notas
2015 Oh Happy Day TV3 Convidada
Merlinades TV3 Entrevistada
2015 - 2016 Divendres TV3 Entrevistadora e convidada
2016 El gran dictat TV3 Concursante
Playcracks 2017 TV3 Convidada
2016 - 2018 Àrtic Betevé Convidada
2017 El sopar TV3 Convidada
Alguna pregunta més? TV3 Convidada
Tenir o no tenir TV3 Convidada
2018 Al cotxe! TV3 Convidada
Engantxats TV3 Convidada
Quan arribin els marcians TV3 Convidada

Cinema[editar | editar a fonte]

  • 2014: It Girl (curtametraxe, escrito e dirixido por Oriol Puig), como unha amiga da protagonista representada por Bruna Cusí.[6]
  • 2017: Post (curtametraxe), como Irene.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De Dios, Marisa (17 de outubro de 2016). "Elisabet Casanovas: "Con Tània comparto el mismo carácter positivo"". El Periódico (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2017. 
  2. "Campanades peripatètiques a TV-3". El Periódico (en catalán). 18 de novembro de 2016. Consultado o 1 de xaneiro de 2017. 
  3. "Elisabet Casanovas es posa a la pell d'una Cassandra transsexual i immigrant a una obra dirigida per Belbel". 16 de outubro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2019. 
  4. "La mítica Kassandra té per fi una tragèdia pròpia" (en catalán). 16 de outubro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2019. 
  5. Nació Digital, ed. (8 de xaneiro de 2020). "Elisabet Casanovas protagonitza «Drama», la primera sèrie de Playz en català i castellà" (en catalán). Consultado o 29 de abril de 2020. 
  6. It Girl (subtitulado en inglés), vídeo publicado no sitio web YouTube.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]