Merlí: Sapere aude é unha serie de televisión española coproducida por Movistar+ e a CCMA e creada por Héctor Lozano.[1] A serie é unha obra derivada e unha continuación da serie Merlí de TV3. Estrenada enteira o 5 de decembro de 2019 en Movistar+, a Corporació Catalana emitiuna ao longo do 2020.[2] En decembro de 2019 anunciouse que a serie renovaría por unha segunda tempada.[3]
Pol Rubio (Carlos Cuevas) volve ás aulas e comeza os seus estudos na facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona meses despois da morte de Merlí, todo coa finalidade de imitar o seu mentor e acabar sendo profesor.