Unió Esportiva Olot

From Wikipedia
(Redirected from UE Olot)
Jump to navigation Jump to search
Olot
NomeUnió Esportiva Olot
Fundación1921 (99 anos)
EstadioEstadi Municipal d'Olot,
Olot, Xirona, España
Capacidade5.000
PresidenteEspaña Joan Agustí
AdestradorEspaña Arnau Sala
LigaSegunda División B
2012–13 (3ª - Grupo 5)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

A Unió Esportiva Olot é un club de fútbol español da vila de Olot, na provincia de Xirona. Fundado en 1921, actualmente xoga na Segunda División B Española, logo de ascender por primeira vez na historia na tempada 2012/13.

Historia[edit | edit source]

Antecedentes[edit | edit source]

Foi ao redor do ano 1902 cando se empezou a practicar o fútbol en Olot grazas a Joaquim Peris de Vargas. O 18 de agosto de 1912, Josep Joaquim Sacrest, Alfred Batlló i Batlló, e Joan Capdevila i Corominas, industriais barceloneses de pensamento catalanista e relacionados cos Xogos Florais que veraneaban en Olot, fundaron o Olot Deportivo.[1] O mesmo ano 1912 apareceu o Sport Club Olotí,[2] promovido polo farmacéutico Antoni de Bolòs i Vayreda e vinculado ao Centro Católico. Era chamado o equipo dos carlinos.

No ano 1916 os dous clubs de fútbol desapareceran. No seu lugar apareceron os clubs Sporting Club e Renaixement Sportiu. En 1919 construíuse un campo novo no Casal Marià e os dous clubs fusionáronse para formar a Agrupació Sport Olot.[3]

Olot FC[edit | edit source]

A UE Olot créase o 14 de maio de 1922 co nome de Olot Futbol Club, xusto antes da ditadura de Primo de Rivera. O primeiro campo que tivo o club foi o Camp de l'Estació. Nos seus primeiros anos xogou nas categorías provinciais e en xeral, os resultados non foron bos. O club empeza unha boa relación co RCD Espanyol de Barcelona, que se alargou ata a década de 1960.

UE Olot[edit | edit source]

A Guerra Civil Española paraliza os campionatos de fútbol, e o ano 1939, logo da guerra, o equipo pasa a chamarse Unión Deportiva Olot para intentar engadir seccións deportivas á entidade, a parte do fútbol. Durante o goberno de Franco o club a cambia as súas cores (dos azulgrana ao branco) e a incorporar a bandeira española ao fondo do escudo. Durante esta época o Olot empeza a conseguir resultados e algúns ascensos importantes. Na tempada 1946-47 celébrase o 25º aniversario do club. A tempada 1956-57, debido á reestruturación de categorías, o equipo pode xogar, por primeira vez, a Terceira División Española, e o equipo abandona a cor branca polo vermello na camiseta e o azul no pantalón. Faise moi boa tempada e conséguese xogar a promoción de ascenso a Segunda División contra o Club Esportiu Europa, pero non se consegue o ascenso. Durante a década de 1990 o club, xa co nome actual Unió Esportiva Olot, empeza a súa decadencia e pasa de xogar na Terceira División a tempada 1993-94, a Primeira Rexional na tempada 2004-05.

A tempada 2008-09 o club consegue o ascenso de Primeira Rexional a Preferente Territorial, consolidando un proxecto que ten o obxectivo de recuperar as categorías perdidas e potenciar o fútbol base. A tempada 2009-10 empézase nas instalacións da entidade, a escola de tecnificación do FC Barcelona destinada ás comarcas da Garrotxa e o Ripollès. Esta tempada, o equipo queda en segunda posición de Preferente Territorial, e supera a promoción de ascenso a Primera Catalana logo de superar á Unió Atlètica d'Horta por 2-0 na ida en Olot e empatar a 0 no barrio de Horta barcelonés.[4] A tempada seguinte, o equipo consegue o ascenso á Terceira División Española.[5]

Logo dun primeiro curso que finaliza coa décima posición, as fichaxes de homes como Uri Santos ou Carlos Martínez levan ao Olot a ser campión do grupo catalán de Terceira na tempada 2012-2013, con Julio Bañuelos no banquiño, que substituíu a Antonio Rodríguez, 'Rodri'. O adestrador marcha en decembro, para ser segundo de Raúl Agné en Cádiz, e Alex Terma, secretario técnico, fai de ponte entre a marcha de Rodri (9 de decembro de 2012) e a chegada de Bañuelos (xaneiro de 2013). Na fase de ascenso e logo de non superar a eliminatoria de campións, xoga dúas fases máis para acabar conseguindo o seu primeiro ascenso a Segunda B contra a Arandina.

Uniforme[edit | edit source]

  • Uniforme titular: Camiseta vermella con franxas negras, pantalón negro e medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias vermellas.

Datos do club[edit | edit source]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ª B: 1
  • Tempadas en : 27

Palmarés[edit | edit source]

Notas[edit | edit source]

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]