Saltar ao contido

Botch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botch
OrixeTacoma, Washington,
Período1993 - 2002
2022 - presente
Xénero(s)metalcore, mathcore
Selo(s) discográfico(s)Hydra Head, Sargent House
MembrosBrian Cook
Dave Knudson
Tim Latona
Dave Verellen
Artistas relacionadosMinus the Bear, Roy, These Arms Are Snakes
Na rede
Bandcamp
Facebook: 19575213545 MySpace: botch Bandcamp: botch Spotify: 4kRYDoAbgDL7nqeqZhJlA3 Last fm: Botch Musicbrainz: 72448406-ba82-43a7-9e13-d9a47ff333f4 Songkick: 318929 Discogs: 263605 Allmusic: mn0000095166 Editar o valor em Wikidata

Botch é unha banda estadounidense de mathcore formada en 1993 en Tacoma, Washington. O grupo, composto por Brian Cook, Dave Knudson, Tim Latona e Dave Verellen, pasou catro anos como unha banda de garaxe e publicou varias demos e EPs antes de fichar por Hydra Head Records. A través do selo Botch editou dous álbums de estudio: American Nervoso (1998) e We Are the Romans (1999).[1]

O grupo fixo longas xiras para promocionar os seus álbums con bandas afíns como The Blood Brothers, The Dillinger Escape Plan, Ink & Dagger e Jesuit. Botch loitou por escribir un terceiro álbum de estudo, pero en 2002 o grupo separouse debido ás tensións entre os membros da banda e ás diferenzas creativas. Hydra Head lanzou postumamente un EP de cancións nas que o grupo estivera traballando antes de separarse, titulado An Anthology of Dead Ends, e un álbum en directo que documenta o seu último concerto titulado 061502 en 2006.

Tras a separación de Botch, a meirande parte dos seus membros fomarían ou uniríanse a outras bandas na área de Seattle/Tacoma como Minus the Bear,[2] Narrows, Roy,[3] Russian Circles[4] e These Arms Are Snakes.[5]

Aínda que Botch foi ben recibida polos críticos e foi citada como unha influencia por numerosas bandas de hardcore tras a súa disolución, o grupo foi xeralmente ignorado pola escena hardcore underground local de Washington. O grupo pasou os seus anos activos "burdándose" da escena musical local evitando os clichés comúns. Rexeitando as tendencias contemporáneas no hardcore, Botch evitou a estética habitual de "caveira e ósos cruzados" e os omnipresentes riffs "chugga-chugga" para unha presentación depurada e confesional e arranxos complexos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
American Nervoso 1998 Hydra Head Records
We Are the Romans 1999 Hydra Head Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Botch". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09. 
  2. "Minus the Bear". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09. 
  3. "Roy". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09. 
  4. "Russian Circles". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09. 
  5. "These Arms Are Snakes". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]