Manuel Rodríguez López
Nome orixinal | Manuel Oreste Rodríguez López |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de decembro de 1934 Paradela, España |
Morte | 13 de febreiro de 1990 (55 anos) Lugo, España |
Lugar de sepultura | Paradela |
Relixión | católico |
Educación | Tiana Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | cronista, xornalista, tradutor, escritor, poeta |
Xénero artístico | poesía, conto, crónicas, teatro, tradución |
Familia | |
Cónxuxe | Irene López Gómez (O Páramo) |
Fillos | Enrique (1963) e Santiago (1971) |
Sitio web | Manuel Rodríguez López |
Manuel Oreste Rodríguez López, nado en Randulfe (Paradela) o 11 de decembro de 1934[1] e finado na cidade de Lugo o 13 de febreiro de 1990, foi un poeta, cronista e tradutor galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Rodríguez e Consolación López, moi cedo (1936) foi coidado por persoas alleas pola emigración da súa nai e incorporación a filas do seu pai[1]. Residiu en Barcelona, onde emigrara a súa nai e logo o seu pai, dende os seis anos. Cursou Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano de Barcelona dende 1946 ata 1952. Posteriormente estudou Contabilidade e Lexislación Laboral. Traballou como xefe administrativo do departamento de persoal nunha industria siderometalúrxica (OSSA).
Ao longo da súa vida demostrou unha gran preocupación pola cultura e por Galicia, tanto na súa longa emigración en terras catalás, onde chegou a ser cronista de todos os actos referidos a Galicia celebrados en Cataluña, coma unha vez establecido en Lugo.[Cómpre referencia]
Foi premiado en numerosos concursos literarios. Destacan os primeiros premios de poesía Meigas e Trasgos de Sarria nos anos 1976 e 1980, o Premio Xosé Mª Chao Ledo no III Certame Literario de Vilalba, en 1977, e o primeiro premio do Certame Literario de Begonte en 1985, ano no que a familia se trasladou a vivir a Lugo.[1]
En prosa, acadou o primeiro premio Nós de Barcelona en 1980. En Sarria, mereceron o premio Meigas e Trasgos dous contos seus en 1977 e en 1986. En Barakaldo gañou un premio en 1978. En 1985 e 1987 quedou finalista na sección de Reportaxe dos Premios Galicia de Xornalismo.[Cómpre referencia]
Varios dos seus poemas foron musicados e cantados por Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Alfredo González Vilela e Mary C. Otero Rolle.
En 1987 retornou a Lugo. En 1989 Diagnostícaselle cancro de vexiga[1]. No ano do seu pasamento (1990), foi nomeado a título póstumo "Fillo Predilecto de Paradela" e "Lucense del año 1989". En 1995 os seus restos foron trasladado ó Panteón de Paradelenses Ilustres.
Legado
[editar | editar a fonte]Manuel Rodríguez deixou un inmenso legado para a Cultura Galega e o círculo emigrante Galego de Barcelona.[3] Tamén influíu ós emigrantes Galegos do mundo. Isto o fixo coa súa obra xornalística e cos seus dous libros "Galegos en Catalunya" I e II. Outro legado que deixou foi o do Certame Literario a el adicado, que axuda financeiramente a autores e autoras que escriben en galego ou castelán.
Foi un asiduo colaborador en medios de comunicación de Galicia, Cataluña e a Arxentina. Foi correspondente de Faro de Vigo e de El Ideal Gallego na Cidade Condal, onde firmaba co seu nome de pía completo. Colaborou asiduamente en El Progreso de Lugo, La Voz de Galicia e Praza Maior (voceiro do Concello de Lugo).[3]
Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona, publicou numerosos artigos nas revistas Boletín, Treboada e Alborada desa entidade. Colaborou en Correo de Galicia e outros xornais e revistas de Buenos Aires e publicou diversos artigos nas revistas galegas Coordenadas e Dorna. Así mesmo foi colaborador en Radio Nacional de España na Coruña e Radio Popular de Lugo, centrándose as súas colaboracións en temas de historia lucense, monumentalidade e viaxes.[3]
Centro Socio-Cultural Manuel Oreste Rodríguez López
[editar | editar a fonte]En 1990 inaugurouse a Casa de Cultura de Paradela "Manuel Rodríguez López" e, no 2001, o novo "Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López" onde se celebra o Certame[4]. O centro ten facilidades bibliotecarias e contén un Salón e ordenadores xunto a espazo social que esta dispoñible para a comunidade. O Premio Literario Manuel Oreste Rodríguez López vense celebrando alí dende o ano 1995 organizado polo Concello de Paradela[4]. A última e décimo-sétima edición celebrouse no ano 2012[5].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Irene López Gómez (O Páramo), e foi pai de dous fillos.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Poemas populares galegos (1968). Lugo: Ediciones Celta.
- Saudade no bulleiro (1970). Lugo: Ediciones Celta.
- Soldada mínima (1979). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474920154.
- Onte e hoxe vivencial (1995). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-772-6.
- Manuel Rodríguez López. Poesía completa (2009). Culleredo: Espiral Maior. Edición e limiar de Darío Xohán Cabana. ISBN 9788492646302.
- Manuel Rodríguez López. Antoloxía Poética (2014). Edición de Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez López.
Prosa
[editar | editar a fonte]- Reencontro coa aldea (1983). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474921656.
- Galegos en Catalunya 1978-1982 (1983). Publicacions do Centro Galego de Barcelona. Prólogo de Manuel Casado Nieto.
- Galegos en Catalunya-2 (1985).[6] Centro Galego de Barcelona, coa colaboración do Centre de Documentació de les Cultures de les Comunitats Autònomes, del Departament de la Presidència de la Generalitat de Catalunya.
- Viaxes con Ánxel Fole (1988). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474923940.
- Festa da Virxe das Dores de Paradela 1989 (1989).[7]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Vivimos unha longa traxedia.[8]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Volta a España a pé (1990), tradución ó galego do libro de Manolo Silva
- A Atlántida (1995), tradución ó galego do poema épico catalán de Jacint Verdaguer.
Libros publicados na Biblioteca Virtual de GaliciaDixital
[editar | editar a fonte]- Lugueses (2020)
- Semblanzas de galegos ilustres (2020)
- Vacacions en Galicia: Vivir Galicia (2020)
- Vivimos unha longa traxedia (peza teatral) (2020)
Colaboracións en libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Homaxe ó Che (1970)
- A Nosa Terra (de "Libro de Oro", no centenario de Ramón Cabanillas) (1976)
- Homenaxe multinacional a Castelao (1976)
- Galicia no ano 1979 (1979)
- José Mª Acuña (1983)
- Os escritores lucenses arredor de Fole (1986)
- Voces poéticas (1987)
- Paradela y su concello (1990)
- Aliad-Ultreia. Poesía. Pintura (1993)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Folleto 'Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro'
- ↑ "MRL Manuel Rodríguez López". www.manuelrodriguezlopez.org. Consultado o 2023-01-01.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Manuel Oreste Rodríguez López Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01.
- ↑ 4,0 4,1 "Manuel Oreste Rodríguez López". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-02-04.
- ↑ "Certame Literario Manuel Rodríguez López". www.manuelrodriguezlopez.org. Consultado o 2019-02-04.
- ↑ "Galegos en Catalunya 2 Biblioteca Virtual de GaliciaDigital". bibliotecavirtual.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01.
- ↑ "Festa da Virxe das Dores de Paradela 1989 Biblioteca Virtual de GaliciaDigital". bibliotecavirtual.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01.
- ↑ "Vivimos unha Longa Traxedia Biblioteca Virtual de GaliciaDigital". bibliotecavirtual.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Rodríguez López |
Bibliografía seleccionada
[editar | editar a fonte]- "Rodríguez López, Manuel Oreste". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Marcial González Vigo e Xulio Xiz (1983). Medio cento de galegos e Rosalía. [cómpre nº de páxina]
- Olegario Sotelo Blanco (1983). 88 gallegos: una tierra a traves de sus gentes. [cómpre nº de páxina]
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 292–294. ISBN 84-7507-139-2.
- Francisco Fernández del Riego (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. [cómpre nº de páxina]
- Xulio Xiz et al. (1993). Un paso de poesía. Poesía Galega 1961-1975 (libro e vídeo VHS). [cómpre nº de páxina]
- Dolores Vilavedra (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5. [cómpre nº de páxina]
- Xosé de Cora (1997). Diccionario de Fole. [cómpre nº de páxina]
- Xosé Lois García Fernández (1999). Alén do azul. Unha ducia de poetas galegos en Catalunya. [cómpre nº de páxina]
- Manuel Blanco Castro (2000). Vida e obra de Manuel Rodríguez López.
- Xulio Xiz (2007) O Corgo, amplo horizonte. [cómpre nº de páxina]
- Olegario Sotelo Blanco (2011) Migració gallega a Catalunya. [cómpre nº de páxina]
- GaliciaDixital (2014) Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro
- Ángel Fernández López (2016) Paradela no tempo: vínculos con Portomarín. [cómpre nº de páxina]
- Santiago Rodríguez López (2018) En torno á parábola das cereixas de Xulio Xiz [Biblioteca Virtual de GaliciaDixital]
- Santiago Rodríguez López (2018) Poemas Populares Galegos. Edición especial 50 aniversario 1968-2018 [Biblioteca Virtual de GaliciaDixital]
- Varios autores (2018) Manuel Rodríguez López 25 anos despois
- Santiago Rodríguez López (2019) A Paradela de Manuel Rodríguez López [Biblioteca Virtual de GaliciaDixital]
- Antonio Giz Paz e Santiago Rodríguez López (2020) Exposición itinerante Manuel Rodríguez López 2013-2020 [Biblioteca Virtual de GaliciaDixital]