Linguas xermánicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua xermánica occidental»)

As linguas xermánicas son un grupo de linguas de orixe indoeuropea, faladas ao principio na rexión central nórdica de Europa. Comprende linguas actuais como o inglés, alemán, baixo alemán, neerlandés, danés, frisón, noruegués, sueco, islandés, feroés e elfdaliano. Tamén algunhas extintas como o gótico.

Mapa dos diasistemas xermánicos en Europa

██ Liña que separa os idiomas xermánicos nórdicos dos occidentais

Linguas xermánicas setentrionais
██ Nórdico occidental (Islandés, Feroés, Noruegués Nynorsk)
██ Nórdico oriental (Danés, Noruegués Bokmål, Sueco)

Linguas xermánicas occidentais
██ Ánglico (Inglés, Escocés)
██ Frisón
██ Baixo franco (Neerlandés)
██ Baixo alemán (ou baixo saxón)
██ (Alto) Alemán central
██ (Alto) Alemán superior (Alemánico, Austrobávaro)

O protoxermánico, a antiga lingua derivada do indoeuropeo e antepasado de todas as linguas xermánicas, dividiuse -segundo a maioría dos lingüistas- en tres ramas: o xermánico setentrional ou nórdico, o xermánico occidental (ou meridional, para algúns autores) e o xermánico oriental, do que derivaron os idiomas góticos hoxe desaparecidos. Do nórdico naceron os modernos diasistemas islandés, noruegués, danés, sueco e gotlandés, este último case morto. Do xermánico occidental, naceron os diasistemas anglofrisóns (o inglés e o frisón), o baixo franco (neerlandés), o baixo saxón (chamado ás veces baixo alemán) e o (alto) alemán. Aquí abaixo pódese ver unha clasificación non exhaustiva dos diasistemas xermánicos.

Xermánico occidental[editar | editar a fonte]

Xermánico occidental continental[editar | editar a fonte]

Diasistema alto alemán[editar | editar a fonte]

Diasistema baixo saxón[editar | editar a fonte]

Diasistema baixo franco[editar | editar a fonte]

Xermánico occidental anglofrisio[editar | editar a fonte]

Diasistema ánglico[editar | editar a fonte]

Diasistema frisio[editar | editar a fonte]

Xermánico setentrional[editar | editar a fonte]

Xermánico setentrional occidental[editar | editar a fonte]

Nórdico occidental insular[editar | editar a fonte]

Nórdico occidental escandinavo[editar | editar a fonte]

Xermánico setentrional oriental[editar | editar a fonte]

Diasistema danonoruegués[editar | editar a fonte]

Diasistema sueco[editar | editar a fonte]

Diasistema gotlandés[editar | editar a fonte]

Xermánico oriental[editar | editar a fonte]

Os idiomas xermánicos orientais son os idiomas extinguidos que falaban os antigos clans xermánicos orientais, dos que só o gótico está ben documentado.

Ler máis[editar | editar a fonte]

  • Antonsen, E. H., On Defining Stages in Prehistoric Germanic, Language, 41, 1965, 19ff.
  • Bennett, William H., An Introduction to the Gothic Language. Nova York, Modern Language Association of America, 1980
  • Campbell, A. Old English Grammar. Londres, Oxford University Press, 1959
  • Cercignani, Fausto, Indo-European ē in Germanic, en Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung, 86/1, 1972, 104-110.
  • Cercignani, Fausto, Indo-European eu in Germanic, en Indogermanische Forschungen, 78, 1973, 106-112.
  • Cercignani, Fausto, Proto-Germanic */i/ and */e/ Revisited, en Journal of English and Germanic Philology, 78/1, 1979, 72-82.
  • Cercignani, Fausto, Early Umlaut Phenomena in the Germanic Languages, en Language, 56/1, 1980, 126-136.
  • Krahe, Hans - Meid, Wolfgang, Germanische Sprachwissenschaft, Berlín, de Gruyter, 1969
  • Lehmann, W. P., A Definition of Proto-Germanic, Language, 37, 1961, 67ff.
  • Voyles, Joseph B., Early Germanic Grammar. Londres, Academic Press, 1992, ISBN 0-12-728270-X.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]