Liga Galega de Traiñeiras 2010
Aparencia
Coord.: 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9
Tipo | Liga Galega de Traiñeiras |
---|---|
Deporte | remo en traiñeiras |
Organizador | Federación Galega de Remo |
Número de participantes | 17 |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
País | España |
Número de edición | 8 (2010) |
Competición | |
Primeiro posto | Amegrove Club de Remo |
A edición do ano 2010 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a quinta tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 17 clubs, tres máis ca na edición anterior pola reincorporación da S.D. As Xubias (competira nas dúas primeiras tempadas), a incorporación do C.R. Robaleira, sumados á S.D. Samertolameu que descendeu da Liga ACT. O campión desta edición foi o Amegrove-Interrias C.R. do Grove. A Liga constou de 17 regatas que se disputaron entre o 13 de xuño coa disputa da IV Bandeira Concello de Ares en Ares, e o 29 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XVI Bandeira Concello de Vilagarcía en Vilagarcía de Arousa.
Clubs participantes
[editar | editar a fonte]- S.D. Samertolameu, Meira, Moaña (Pontevedra)
- C.R. Cabo da Cruz, Cabo da Cruz, Boiro (A Coruña)
- R.C. Náutico de Vigo, Vigo (Pontevedra)
- C.R. Chapela, Redondela, (Pontevedra)
- S.D. As Xubias, As Xubias, A Coruña (A Coruña)
- C.R. Mecos, O Grove (Pontevedra)
- Club Regatas Perillo, Perillo, (A Coruña)
- Amegrove C.R., O Grove (Pontevedra)
- C.R. Vilaxoán, Vilaxoán (Pontevedra)
- C.R. Ares, Ares (A Coruña)
- C.R. Robaleira, A Guarda (Pontevedra)
- C.R. A Cabana, A Cabana, Ferrol, Ferrol, (A Coruña)
- C.R. Puebla, A Pobra do Caramiñal, (A Coruña)
- Asociación Deportiva Esteirana, Esteiro, (A Coruña)
- C.R. Vila de Cangas, Cangas (Pontevedra)
- C.R. Coruxo, Coruxo, Vigo (Pontevedra)
- C.R. Rianxo, Rianxo (A Coruña)
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posición | Equipo | Puntos | Diferenza |
---|---|---|---|
1 | Amegrove-Interrías C.R. | 268 | |
2 | S.D. Samertolameu | 254 | +14 |
3 | C.R. Cabo da Cruz | 249 | +19 |
4 | Muros - R.C. Náutico de Vigo | 239 | +29 |
5 | C.R. Chapela | 239 | +29 |
6 | C.R. Mecos | 213 | +55 |
7 | C.R. Vilaxoán | 182 | +86 |
8 | C. Regatas Salgado-Perillo | 180 | +88 |
9 | C.R. A Cabana | 130 | +38 |
10 | C.R. Ares | 124 | +144 |
11 | C.R. Robaleira | 118 | +150 |
12 | C.R. Coruxo | 117 | +51 |
13 | A.D. Esteirana | 104 | +164 |
14 | C.R. Vila de Cangas | 67 | +201 |
15 | C.R. Puebla | 56 | +212 |
16 | C.R. Rianxo | 31 | +237 |
17 | S.D. As Xubias | 29 | +239 |
Campión Amegrove Interrias C.R. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información da tempada na web da LGTArquivado 05 de agosto de 2009 en Wayback Machine.