Saltar ao contido

Club Regatas Perillo

 Club Regatas Perillo
Imaxe
 Instancia de
Deporte
 Deporte
 Liga
Datas
 Fundación / creación
1970 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Enderezo
Avenida das Américas, 33 Editar o valor en Wikidata
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal15172 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Club-de-Regatas-Salgado-Perillo-372781274660 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Perillo na Bandeira Teresa Herrera 2012.

O Club Regatas Perillo é un club galego de remo de Perillo, no concello de Oleiros. O club fundouse en 1970 e compite na Liga Noroeste de Traíñas.

O Club Regatas Perillo nace en outubro de 1970 co ánimo de promover e desenvolver o deporte do remo en Perillo. O entusiasmo posto por aquelas persoas que promoveron a creación do club fixo que se desenvolveran un bo número de actividades dentro desta sociedade ademais do remo, tales coma a pesca, halterofilia, tenis de mesa, wíndsurf etc.

Son tres décadas dende aquela ben diferenciadas; na década de 1970 unha grande actividade social móvese en Perillo arredor deste club, dando os seus primeiros pasos na participación en Campionatos de España de Traíñas e bateles e o título galego nas dúas modalidades en diferentes anos; a década de 1980 destaca pola introdución ao Banco Móbil e a participación nos primeiros Campionatos Estatais; é na década de 1990 cando comezan os títulos e medallas, así coma o recoñecemento deste club a nivel estatal, chegando a ser recibidos os seus remeiros polo daquela Presidente da Xunta (Manuel Fraga Iribarne) en 1998. Tamén nesta década comeza a participación das primeiras tripulacións femininas, que pronto recollen bos resultados.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]